O Arquivo do Reino de Galicia ten os seus antecedentes na Real cédula de Carlos V do 3 de febreiro de 1529 e na Real Provisión do mesmo emperador e da súa nai, Dona Xohana, do 1 de marzo de 1545. Nestas normas ordenábase custodiar e poñer a bo recado os procesos da Real Audiencia de Galicia, institución creada polos Reis Católicos a través de diversas disposicións a partir de 1480. A orixe inmediata está, no entanto, na Real cédula de Carlos III do 22 de outubro de 1775, pola que se crea o Arquivo, ademais de dotalo de persoal e regular o seu funcionamento
Historia archivística
Instalado no Palacio da Real Audiencia, na cidade da Coruña, en 1936 foi trasladado aos sotos do Palacio de Xustiza, sede actual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde permaneceu ata 1956, cando se acomodou no edificio que actualmente ocupa, no Xardín de San Carlos.
Alcance e conteúdo
Trátase do arquivo de xestión do propio centro, tradicionalmente denominado "Historia do Arquivo". Os ámbitos funcionais que comprenden as súas series relaciónanse coa dirección e a xestión: económico-administrativa, do persoal, do edificio, locais e instalacións, dos fondos documentais e do servizo aos usuarios.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre, cos límites e condicións sinalados en relación co dereito de acceso pola lexislación vixente na materia.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia