Fundado no século IX polo rei Afonso II baixo a advocación de San Pedro, contaba con doce monxes encargados da custodia, culto e atención aos peregrinos que chegaban ao sepulcro do apóstolo Santiago. Este mosteiro cambia de advocación no século XII e pasa a chamarse de San Paio de Antealtares. A finais do século XV, entra en decadencia e a súa comunidade trasládase ao edificio de San Martiño Pinario, mentres que Antealtares vai acoller todas as monxas bieitas de Galicia. Coa reforma da orde e incorporado á Congregación de San Bieito de Valladolid, así como á reestruturación das casas galegas, este mosteiro alcanza o seu máximo esplendor ao longo de toda a Idade Moderna, ata a Desamortización e exclaustración da súa comunidade.
Os fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permaneceu en dependencias públicas e incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
O fondo comprende series documentais basicamente relacionadas coa xestión eclesiástica da comunidade, o goberno do seu señorío e a adquisición e administración do patrimonio do mosteiro. Unha parte da documentación está composta polas series procedentes dos mosteiros e conventos que incorporou a principios do século XVI. O fondo conservado no ARG áchase moi minguado. Fundamentalmente son series documentais sobre a adquisición e administración do seu patrimonio.
Textual
Acceso libre en xeral.
Normativa de aplicación: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Non existen copias
Descrición realizada por Concepción García García e María del Rosario Torreiro Martínez, baixo a dirección de Mª del Carmen Prieto Ramos