As comandancias e axudantías de mariña son creadas a través da Ordenanza de matrículas de 1802. As funcións destes organismos estaban rexidas polas Ordenanzas Xerais da Armada de 1748, publicadas no ano 1751, Título III, Tratado X.
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982. Viña mesturado coa documentación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que foi o encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia o fondo da antiga xurisdición de Ferrol.
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
Conta coas seguintes series: Causas, Expedientes de competencia, Expedientes de reconto e inventario de bens e Preitos
Textual
Trátase dun fondo pechado, polo que se descartan novos ingresos
A series documentais descenden directamente do nivel de fondo en orde alfabética
Acceso libre en xeral.
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Estado de conservación: Bo
Non existen copias
Xulgado de Guerra e Mariña de Ferrol, Xulgado de Primeira Instancia de Ferrol, Xulgado da vila de Mugardos