A vila de Pontedeume conta cun tenente xuíz e xustiza ordinaria desta vila, da súa xuridición e dos estados dos Andrade; entende en primeira instancia os negocios civís e criminais e no ano 1830 pasa a ser un alcalde maior. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno.
Esta configuración cambia cando entra en vigor o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820, que divide a provincia en 47 partidos e establece un xulgado de primeira instancia en cada un deles. Pontedeume convértese así en cabeza de partido.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese mesmo ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido.
Historia archivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982. Viña mesturado coa documentación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que foi o encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia o fondo da antiga xurisdición de Ferrol.
Seguramente a documentación pasou a este xulgado en cumprimento do Real decreto do 21 de abril de 1834, que ordenaba que cesasen todos os alcaldes ordinarios das vilas e que lles remitisen aos xuíces letrados das cabezas de partido os procesos e expedientes nos que estivesen entendendo. Neste caso trataríase de Betanzos, pero por algún motivo chegou a Ferrol.
Alcance e conteúdo
Este fondo documental conta con cinco series: Causas, Contas de Tutela, Expedientes de partillas, Expedientes de solicitude e Preitos
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Real Audiencia de Galicia, Audiencia Territorial de Galicia, Real Intendencia de Galicia, Xulgado da Subdelegación de Rendas de Ferrol, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña, Documentación notarial, Colección de documentos en pergamiño, Colección documental de César Vaamonde Lores, Xunta Superior de Armamento, Subsidios e Defensa de Galicia
Notas
Nota general
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia