Está documentada a actividade da empresa Braña, Abella y Compañía, dedicada á industria e ao comercio, na bisbarra de Ferrol a mediados do século XIX. Esta compañía, ademais de fabricar produtos téxtiles, subministraba madeiras ao Arsenal de Ferrol para a construción de buques e era concesionaria de obras públicas (estradas) na comarca. No ano 1852 adquiriu no lugar do Roxal, parroquia de Santo André de Viladonelle, concello de Neda, a "Real Fábrica de Tejidos de Hilo de Isabel II", construída a partir de 1841 por don Juan Veiga e irmáns.
Historia archivística
O fondo identificouse no ano 1999. Polo contexto físico en que se achaba, próximo aos libros de contadorías de hipotecas de Ferrol, cómpre deducir que ingresou canda estes no Arquivo no ano 1958, aínda que non figuran relacionados de forma singular en ningún documento.
Alcance e conteúdo
Comprende libros de caixa, libros copiadores de correspondencia, libros rexistro de letras para cobrar, libros rexistro de letras para pagar, libros diarios, libros maiores, libros de entrada de fiada e libros rexistro de existencias de tecidos.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas:
1. Xulgado de Primeira Instancia de Ferrol. Preito de Mr. John Andrews, capitán da goleta inglesa Forest Queen, e o seu vicecónsul, Antonio Ignacio Fernández, cos señores Braña, Abella y Compañía, sobre reclamación de reais por un cargamento de madeiras, áncoras e outras mercadorías que trouxo de Inglaterra.1849, outubro, 20/1850, setembro, 1850. Ferrol. Sign. 5.288/20.
Informação mantida e publicada na Internet pela Xunta de Galicia