Aínda que os antecedentes das delegacións de industria nas provincias se remontan a 1924 cos servizos provinciais de Inspección Industrial, e posteriormente cos negociados de Traballo, Comercio e Industria dentro dos gobernos civís, non será ata 1931, co Regulamento de enxeñeiros industriais do 17 de novembro, cando se establecerán por primeira vez as xefaturas de Industria. Por Decreto do 9 de maio de 1936, estas xefaturas pasarán a chamarse Delegación de Industria da provincia correspondente, dependentes do Ministerio de Industria e Comercio.
Cando en 1951 o Ministerio de Industria se separa de Comercio, a súa estrutura administrativa provincial permanecerá inalterable ata a reforma administrativa desenvolvida no Decreto 2764/1967, do 27 de novembro, que unifica estas delegacións cos distritos mineiros nun único organismo provincial, as delegacións provinciais do Ministerio de Industria, que en 1968 xa contan con dúas seccións diferenciadas: Industria e Minas. Esta organización manterase ata a reforma administrativa que supuxo a Constitución e o Estado das Autonomías, coas transferencias de determinadas competencias antes en poder do goberno central do Estado.
O Real decreto 1634/1980, do 31 de xullo, de traspaso de competencias á Xunta de Galicia sobre traballo, industria, comercio, sanidade, cultura e pesca, define o marco legal en que se vai desenvolver a industria na comunidade autónoma, de acordo cos criterios establecidos na Constitución de 1978 e no Estatuto de Autonomía.
Historia archivística
Posiblemente entrou cunha transfrencia de Industria
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
Informação mantida e publicada na Internet pela Xunta de Galicia