Trátase dunha colección aberta. Iniciouse no ano 1991 coa doazón de sete fotografías da Coruña. A partir de 1992, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, por proposta do Arquivo, adquiriu por compra diversos conxuntos. Os ingresos máis voluminosos tiveron lugar no ano 1995 (3.020 negativos en cristal, imaxes principalmente da cidade da Coruña), 1997 (1.446 positivos estereoscópicos), 2001 (439 negativos fotográficos) e 2002 (245 positivos estereoscópicos e 43 diapositivas). Outras compras ou doazóns de menor tamaño tiveron lugar en 1996, 2000, 2001, 2003, 2004 e 2006.
Alcance e conteúdo
Predominan as paisaxes urbanas da cidade da Coruña ou doutras cidades ou vilas de Galicia, como Baiona, Betanzos, Ferrol, O Grove, Lugo, Monforte de Lemos, Noia, Oleiros, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Tui, Vigo, Vilalba, Viveiro, etc.; ou do resto de España: Ávila, Barcelona, Bilbao, Burgos, Cádiz, Córdoba, Gijón, Granada, León, Madrid, Oviedo, Salamanca, Santander, Segovia, Sevilla, Toledo, Valladolid, Zamora. Hainas tamén de diversos lugares do mundo: Cuba, Francia, Italia, México ou Suíza.
Entre as imaxes de Galicia, atópanse tamén paisaxes rurais, retratos e fotografías de grupos (labores do campo, mercados, comercios, fábricas, pescadores, etc.)
Condiciones de acceso
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
Notas
Nota general
Nota á título: extraído do vidro.
Nota á data: extraída da caixa e do listado de compra.
Nota á productor: posible autoría de José Villar Martelo