Esta colección pechada foi transferida no ano 2012 pola Facultade de Economía e Empresa da UDC. Atopouse no soto do edificio da antiga Escola de Estudos Empresariais do Campus de Riazor, que despois da guerra civil albergou a Escola de Comercio .
Alcance y contenido
As Placas de vidro da Escola de Comercio é unha colección de placas de lanterna que se usaba para a súa proxección nas aulas como apoio didáctico.
Son positivos transparentes en vidro que se proxectaban por medio de lanternas máxicas e que constitúen o precedente das diapositivas.
As placas están formadas por dous vidros unidos por un marco de papel negro: un dos vidros contén a emulsión e o outro actúa como protección.
A súa temática é moi variada aínda que a maioría das imaxes son fotografías e ilustracións de xeografía humana, xeografía descriptiva e xeografía física. Hai tamén imaxes de zooloxía e botánica, e outras de astronomía e arte.
É de salientar que existen unhas poucas con fotografías das rías galegas: imaxes de barcos, do marisqueo ou de estaleiros.
En moitas delas hai constancia do produtor-distribuidor das fotografías (Th. Benzinger, Lichtbilderverlag, Stuttgart) e noutras figuran as empresas distribuidoras (Sogeresa e Projectións E. Mazo).
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota general
Notas á área de identificación:
- O editor ou distribuidor foi SOGERESA, empresa fundada en 1918 (sogeresa.es consultada 05/10/2012)
- O número orixinal da placa de vidro é: 671