O Arquivo Municipal de Ferrol custodia os documentos producidos e recibidos polo concello, ademais doutros fondos públicos, como os dos concellos da Graña e Serantes, ou a da Fiscalía da Vivenda, e privados como o de Goy de Silva e o da fundación Ramón Plá.

Está situado na Casa do Concello e o seu fondo documental abarca desde o século XVII ata a actualidade e ten unha extensión de preto de 2000 metros.

Este arquivo de carácter administrativo e histórico está integrado no sistema de arquivos de Galicia.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Luns a venres: 8:00 a 14:30 h.

 

CONTACTO

Teléfono: 981 944 185
Fax: 981 945 173
Correo electrónico: arquivo@ferrol.es
Web: www.ferrol.es/arquivo/