Ferrol foi fundada a principios do século XIII (1202-1214 aproximadamente) ex-novo polo rei Alfonso VI de Galicia e IX de León como fundou moitas das actuais vilas costeiras de Galicia desde Tui a Ribadeo.
Ferrol na idade media era unha vila que perteñecía ao señorío do conde de Lemos. Desde o século XIV ata 1734 existía un concello no que había un alcalde ordinario, tres rexedores e un procurador. A partir de 1734, cando se constrúen os arsenais, Ferrol convértese en vila realenga, e pasa a ter un alcalde maior ou correxidor e un procurador. Nesa época a vila ten un crecemento demográfico espectacular. A partir de 1794 e ata 1837 o presidente do concello foi un gobernador político-militar, agás os períodos constitucionais de 1812 e 1820. A partir de 1837 volven a ser alcaldes, que as veces son maiores e as veces ordinarios, con seus rexidores e procuradores. En 1858 recibe o título de cidade. A súa creación pola Coroa, fixo que o seu crecemento ou declive sempre estivera ligado ao estado de riqueza ou pobreza das arcas do Estado polo que pasou por todas as vicisitudes nos séculos XIX e XX, con períodos de estancamiento e prosperidade. Nas décadas do sesenta- setenta do século XX tivo o seu pleno apoxeo industrial pola construcción naval e o seu declive nas décadas posteriores. O concello actualmente conta con cerca de 78.000 habitantes.
Historia archivística
Os fondos documentais do Concello de Ferrol foron conservados sempre no edificio da Casa Consistorial, alí onde estivo ubicada. O documento máis antigo do Arquivo é do ano 1376.Consérvase un inventario de mediados do século XIX. O descontrol e destrucción de documentación foi continua no século XX, sendo vendida, inclusive, unha parte do Arquivo de Serantes o 16 de abril de 1982. No ano 1989 créase a praza de arquiveiro municipal e no ano 1990 inaugúrase unha nova etapa, cando se inicia a súa organización. Ten en microfilm algunhas series de documentación histórica. No ano 2002 foi aprobado o seu Regulamento en sesión plenaria de 25 de outubro. Ano a ano introdúcense no Arquivo algunhas melloras pero as instalacións en canto a depósitos documentais son insuficientes para albergar o aumento de volumen documental que produce o crecimento da xestión municipal.
Alcance e conteúdo
Os documentos son o fiel reflexo da actividade municipal. O fondo do Arquivo Municipal de Ferrol contén información do Goberno, a Administración, os habitantes e a economía do concello, así como datos das súas relacións con outras Administracións. Son de destacar, as series documentais de expedientes de licencias de obras y expedientes de licencias de industrias, pola frecuencia da súa consulta; a serie de Libros de Actas de Pleno pola súa importancia para coñecer a historia da cidade; os Padróns de Habitantes, etc.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre, agás naqueles casos nos que concorran as excepcións ou límites previstos na Constitución e nas leis.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
As limitacións na reproducción de documentos están encamiñadas á protección e conservación dos documentos. En aqueles de acceso restrinxido, ademáis de cumprir o requisito antedito, só poderán ser reproducidos polos interesados ou con o permiso destes.
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
O estado de conservación en xeral é normal. Hai algunhas series que se atopan moi deterioradas.
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Archivo General de Simancas.
Arquivo de protocolos notariais de A Coruña.
Arquivo Xeral militar de Madrid.
Arquivo Xeral militar de Segovia.
Arquivo Xeral militar de Guadalaja ra.
Arquivo Xeral militar de Avila.
Departamento de arquivo e estudos xeográficos do servizo xeográfico do exército(Madrid).
Arquivo do Museo naval (Madrid)
Arquivo xeral de Marina"Alvaro de Bazán" (Viso del Marqués- Ciudad Real).
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Archivo General de Simancas
Archivo Histórico Nacional
Archivo del Reino de Galicia
Arquivo Diocesano de Mondoñedo
Archivo General de Marina de Viso del Marqués (Ciudad Real)
Archivo Histórico Notarial de Protocolos de A Coruña
Arquivo parroquial de San Julian (Ferrol)
Arquivo Parroquial castrense de San Francisco Ferrol).
Archivo eclesiástico de Marina (Madrid)
Arquivos Militares
....