O Arquivo Municipal de Ortigueira é un arquivo de titularidade pública municipal que recibe por transferencia das oficinas municipais a documentación que producen. Os seus fondos documentais abranguen dende 1531 ata a actualidade. Custodia ademais outros fondos da Administración de Xustiza, e de antigos concellos de Freires, Veiga e Couzadoiro.

Ten a súa sede na antiga escola e ocupa o mesmo edificio que a biblioteca municipal.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación.
Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Luns a venres: 10:00 a 13:30 h.
Mércores: 16:00 a 20:00 h. (agás meses de xullo e agosto)

 

CONTACTO

Teléfono: 981 400 101
Correo electrónico: arquivo@concellodeortigueira.com