OArquivo Municipal de Ribeira custodia os documentos producidos polo Concello e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), así como outros de calquera institución, asociación, persoa, familia, ou empresa, públicas ou privadas que sexan de interese para Galicia. É cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, por iso simboliza a unidade do patrimonio documental galego. Este patrimonio comprende unha parte moi notable da súa cultura escrita e caracterízase, entre outros aspectos, pola súa calidade, antigüidade, diversidade, invisibilidade e dispersión.

O Arquivo electrónico da Xunta de Galicia forma parte do Arquivo de Galicia como repositorio dos documentos electrónicos dos órganos da Comunidade Autonóma de Galicia e do patrimonio documental galego.
Depende organicamente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e foi inaugurado en xaneiro de 2011.
Ten a súa sede na Cidade da Cultura de Galicia, situada no monte Gaiás de Santiago de Compostela.

O Arquivo de Galicia ocupa un edificio do complexo que compón a Cidade de Cultura de Galicia, proxectada polo arquitecto americano Peter Eisenman. Comparte edificio coa Biblioteca de Galicia. O conxunto articúlase a través dunha trama de rúas, soportais, xardíns e prazas inspirada no casco histórico da cidade de Santiago de Compostela, declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985.

O Arquivo de Galicia exerce as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e arquivo intermedio e histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, e como tal o deber de conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia.
Ademais dos fondos documentais dos órganos do sector público autonómico, custodia outros fondos de orixe privada destacando os arquivos familiares, de empresas e de institucións.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación.
Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte)

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Inverno :
Luns a venres: 8:15 a 14:45 h.

Verán (21 de xuño a 21 de setembro) :
Luns a venres: 9:00 a 14:00 h.

 

CONTACTO

Teléfono: 881 999 661
Fax: 881 999 740
Correo electrónico: arquivo@ribeira.gal
Web: https://www.ribeira.gal/arquivo-historico-dixital-de-ribeira