O Arquivo do Instituto de Ensino Medio Xelmírez I, é un centro de titularidade pública autonómica que custodia o fondo histórico do antigo Instituto de Ensino Medio de Santiago creado no ano 1845. Está adscrito ao centro docente que depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ó longo da súa historia se adscribiron ou incorporaron ao instituto un total de 45 colexios dependentes de Santiago, Noia, Ferrol, A Coruña, Padrón, Cee, Betanzos, A Pobra do Caramiñal, Pontevedra e Lalín.
Ten a súa sede no propio edificio do instituto no campus sur da Universidade, en Santiago de Compostela.
ACCESO
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Inverno :
Luns a venres: 8:30 a14:30 h.
Verán (21 de xuño a 21 de setembro) :
Luns a venres: 9 a 14 h.
CONTACTO
Teléfono: 981 584 321
Web: www.edu.xunta.es/centros/iesarcebispoxelmirez/