O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.
Depende organicamente do Departamento Territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Pontevedra e funcionalmente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ten a súa sede na chamada Casa dos Fonseca, no Paseo de Colón.

Construído en 1910 como edificio privado, adaptado en 1955 para acoller ao arquivo e biblioteca provinciais, dende o ano 1993 destinouse exclusivamente para sede do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, constituído como tal en 1932, comenzou a recibir fondos a partires de 1934. Recibe por transferencia os fondos documentais dos órganos provinciais da administración do Estado e os fondos da administración de xustiza e rexistros da fe pública na provincia. Como arquivo integrado no Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia é o destinatario dos documentos da administración autonómica territorial de Pontevedra.
Custodia tamén outros fondos públicos, como os de concellos ou de corporacións, fondos privados e unha importante e relevante colección fotográfica.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

 

VÍDEO DE PRESENTACIÓN

https://www.youtube.com/watch?v=S1yz1XqdZFk

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Inverno :
Luns a venres: 8:30 a 20:30 h.

Verán :
Luns a venres: 8:30 a 19:30 h.

 

CONTACTO

Teléfono: 886 151 536 / 886 151 537

Fax: 886 151 539 

Correo electrónico: arq.historico.pontevedra@xunta.gal

Web: https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/arquivo-historico-pontevedra

Facebook: https://es-es.facebook.com/arquivohistoricoprovincialpontevedra

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCpmgTT8_DXTH-_M-YqyTNiA