Carta de avenencia outorgada entre Xián de Pardiñas, escudeiro, en nome da súa muller María Fernández, filla de Lourenzo Montouto, exrexedor da cidade da Coruña, veciños de Vilar de Francos, feligresía de San Xurxo de Artes, e Vasco Troco, veciño de Santiago de Compostela, sobre a herencia que quedou de Gonzalo da Becerra o Mozo, irmán de María Fernández.
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia arquivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance e contido
Copia simple. Sen suscripción notarial.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lingua:
Galego
Escritura:
Letra cortesá
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Notas
Nota xeral
Acompaña 1 bifolios (316 x 435 mm.) que serve de cuberta ao documento, coas seguintes anotacións: - "Manda de vienes en Santa María de Oza y Santiago de Burgo. Vale poco por no estar sinada". Onomástica antiga: - Gia[n] de Pardinnas - Maria Fernandes - Lourenço Montouto - Vasco Troqo Toponimia antiga: - Vilar de Francos - Artes, San Jurjo d' - Crunna.