Escrituras de doazón e ratificación da mesma outorgadas ao mosteiro de Santa María de Monfero por Bermudo Eanes, Pedro Eanes e Bermudo Froilaz. Ante Ordonius.
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance e conteúdo
Contén: 1.- 1212-11-07 / [s.d] Bermudo Froilaz e Pedro Eanes doan ao mosteiro de Santa María de Monfero os casais de Lea, Eidrada, Maragai de Iuso e de Xuso, Sendimaiore, Xestoselo e Gatele. - [S.d. ; s.l.] Vermudo Eanes, Pedro Eanes e Bermudo Froilaz, irmáns, ratifican a anterior doazón. Ante Ordonius.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lengua:
Latín
Escritura:
Letra carolina
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Onomástica antiga: - Veremudus Froilaz - Petrus Iohannis Toponimia antiga: - Lea - Eidrada - Seci - Maragai de Iussau - Maragai de Sussao - Acoia - Sendimaiore - Iestosselo - Gatele Notario: - "Ordonius scripsit et notuit".