O Arquivo Territorial xurde como un servizo común para recoller os documentos dos diferentes departamentos da administración autonómica territorial en Vigo. Depende organicamente da Delegación Territorial de Vigo, Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e funcionalmente da Secretaría Xeral de Cultura.
Ten a súa sede no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, que aglutina a todas as xefaturas territoriais das consellerías e concebido como un servizo transversal.
Ten carácter de arquivo central e intermedio que recibe por transferencia a documentación das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia en Vigo e doutros órganos do sector público autonómico. Transfire a documentación considerada de carácter histórico ao Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, para a súa conservación permanente.

Os usuarios principais deste arquivo son as oficinas produtoras e os cidadáns que poden consultar os seus documentos dende o mesmo momento da transferencia.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Inverno :
Luns a venres: 8:30 a14:30 h.

Verán (21 de xuño a 21 de setembro) :
Luns a venres: 9 a 14 h.

 

CONTACTO

Teléfonos: 986 817 799 / 986 817 620
Correo electrónico: arquivo.vigo@xunta.es