Proceso electoral convocado por Real Decreto 3073/1978, do 29 de decembro ( BOE núm. 1, do 1 de xaneiro), trala disolución do Congreso dos Deputados e o Sen ado, que foran elixidos o día 15 de xuño de 1977. Estas eleccións celebráron se o día 1 de marzo de 1979 e foron afectadas polas normas establecidas no Real decreto-lei 20 /1977, do 18 de marzo, de Normas Electorais Foron as primeiras eleccións dem ocráticas trala aprobación do texto contitucional de 1978 e os resultados foron os que seguen: Partidos % votos Escanos %escanos PCE 10'8 23 6'6 PS OE 30'5 121 34'6 UCD 35 168 48'6 CD (AP en 1977) 6'1 9 2'6 PNV 1'5 7 2 CIU (PDC en 1977) 2'7 8 2'2 Otros 13'4 14 4 TOTAL 100 350 100
Historia archivística
A primeira transferencia foi realizada polo Goberno Civil da provincia da Coruña en novembro do ano 1994. Incluía a documentación de diferentes procesos electorais, referendos e censos desde o ano 1976 ata 1989.
O Goberno Civil realizou unha nova transferencia en marzo de 1997, con documentación das eleccións xerais e ao Parlamento de Galicia do ano 1993.
Nesa mesma data o Instituto Nacional de Estatística remitiu ao Arquivo a documentación de diferentes eleccións, referendos e censos desde o ano 1981 ata 1991.
Alcance y contenido
Este fondo documental céntrase nun período cronolóxico que abrangue desde 1 977 ata 1993, data da última tranferencia de documentación realizada. Trátase da documentación máis importante para o estudio da evolución dos comicios electorai s celebrados na Provincia coruñesa desde a instauración do réxime democrático en España tralo réxime franquista. A documentación ofrece información de tódolos pasos que comprende un proceso electoral, desde a convocatoria dunhaas eleccións, coa cons eguinte proclamación de candidaturas, establecemento de seccións, distritos e mesas, con fección do material electoral: papeletas, sobres, furnas, etc; pasando pola camp aña electoral coa comunicación de celebración de mítines, propaganda nos medios de comunicación, carteis e folletos; a celebración das elección propiamente ditas, coa conformación dos expedientes electorais do proceso, o escrutinio, o pagament o de axudas de custo…; ata finalmente os recursos que poden presentarse, a fiscl aización económica dos partidos ou a proclamación de candidatos. O fondo ofrece infor mación completa sobre as eleccións de carácter xeral, autonómico, europeas e os referendos, sendo menor para as locais xa que, por exemplo, carecemos dos sobre s electorais coa documentación da votación das diferentes mesas que se conservan nas diferent es xuntas electorais de zona.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A documentación é de libre acceso para os cidadáns en xeral. Este dereito e sta expresamente garantido pola Constitución Española de 1978 no seu artigo 105. b. A Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públ icas e procedemento administrativo común, no seu artigo 37.6 establece que, entre outr os, rixiranse polas súas disposicións específicas os Arquivos regulados pola lex islación do réxime electoral. A Lei 5/1985 do Réxime electoral regula, no seu ar tigo 41. O acceso paro só no caso da documentación do censo. Para o caso concreto da do cumentación custodiada nos arquivos debemos acudir á Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, nos seus art. 57. a e 62 e o art. 82 da Lei 8/1 995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. O art. 37 da Lei 30/1992 e o 57. 1 da Lei 16/1985 sinalas as regras que rixen as consultas. Determinadas series v eranse afectadas no seu dereito de acceso no caso que o seu contido afecte a asp ectos como a seguridade do Estado, a averiguación dos delitos o a intimidade das persoas.
Normativa:
Documentación pública de titularidade estatal xestionada pola Xunta de Gali cia. Ó estar depositados no Arquivo do Reino de Galicia, os documentos adquiren a condición de Bens de Interés Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro , do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nes as normas.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución dos documentos con fins lucrativos debe estar expresamente au torizada polos seus autores o pola Xunta de Galicia (art. 17 e ss do Real decret o 1/1996. O estar tranferida a xestión do Arquivo á Comunidade Autónoma de G alicia, a reproducción de documentos está suxeita a Lei 13/1991, de 9 de decembro, de taxa s, prezos e exaccións, desenvolvida por decreto 320/1992, de 12 de decembro, pol o que se fixaron os prezos percibidos pola Xunta de Galicia para os arquivos e m useos xestionados pola xunta ou de titularidade autonómica. Igualmente, a publicación dunha reproducción debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido n o mencionado Decreto (art. 5).
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os deseños que forman parte do fondo son obxecto de propiedade intelectual por parte dos seus autores cando se teña constancia deste dato (art. 1, 4, 14 do Real decreto legislativo 1/1996 de 12 de abril, aprobación do texto refundido d e propiedade intelectual).
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Trátase fundamentalmente de documentación textual
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Esta é a documentación orixinal
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: No fondo de Goberno Civil atop amos documentación directamente relacionada con este fondo xa que nos procesos e lectorais exerce determinadas competencias en canto a xestión de material, nomea mento dos representantes da administración, escrutino e comunicación de manifestacións e r eunións. Documentación relacionada noutros arquivos: Dependendo da entid ade de eleccións (xerais ou europeas, autonómicas ou locais) a documentación rel acionada atoparémola nos seguintes arquivos: O fondo documental da Xunta Electoral Ce ntral O fondo da Xunta Electoral de Galicia. Os fondos das xuntas electo rais de zona dos diferentes concellos da provincia
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia