Segundo a Lei do Notariado de 1862, "o notario é o funcionario público autorizado para dar fe, conforme ás leis, dos contratos e demais actos extraxudiciais."
As orixes do notariado remóntanse a Roma, onde a función notarial estaba dispersa entre varios oficiais públicos e privados.
Nos primeiros séculos da Idade Media predominan as probas orais; pero no século XIII, coa recepción do dereito romano e o influxo da Universidade de Bolonia, que irradiou literatura notarial e profesionais formados, regulaméntase minuciosamente o documento escrito e o scriptor ten facultade autentificadora, polo que o documento xa ten carácter de instrumento público.
En 1503, a Pragmática de Alcalá aproba as ordenanzas dos escribanos públicos, que regularán o oficio notarial durante toda a Idade Moderna e establecen como deben facerse os protocolos notariais ata a actualidade. Os escribanos podían ser de varios tipos segundo que foran nomeados polo rei, por un concello ou por un señor, segundo que estivesen facultados para actuar nun lugar concreto, nunha institución concreta ou en calquera punto do reino.
Na Idade Contemporánea sepárase a fe pública xudicial e a extraxudicial, encargando a primeira aos secretarios dos xulgados e a segunda aos notarios. A Lei do Notariado de 1862 establece que haberá un só tipo de notarios, crea os distritos notariais, afirma que os protocolos pertencen ao Estado.
Case a totalidade da documentación que transfiren as notarías son protocolos. A Lei do Notariado define protocolo notarial como "a colección ordenada das escrituras matrices autorizadas durante un ano".
Historia archivística
O decreto de 13 de novembro de 1931 manda crear nas capitais de provincia que non sexan sede de colexio notarial os arquivos históricos provinciais para a custodia dos protocolos notariais centenarios. O Arquivo Histórico Provincial de Lugo créase en 1951 e en 1952 ingresan os protocolos do distrito de Lugo. Os procedentes dos restantes distritos da provincia son transferidos a partir do convenio subscrito entre a Consellería de Cultura e Xuventude e o Colexio Notarial da Coruña de 9 de marzo de 1992.
Alcance y contenido
O Arquivo Histórico Provincial de Lugo non recibe transferencias de notarías de fóra da provincia, pero, con carácter excepcional e por diversas razóns, consérvase aquí algunha documentación dos distritos da Coruña, Ferrol, Corcubión, Madrid, etc.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre, agás as cautelas relativas ao estado de conservación.
Lengua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia