No verso, dúassignaturas de diferentes épocas: nº 7 e nº 93
Título
Lopo de San Pantaleón, veciño de Santa María de Miño, e a súa muller Gracia López venden ao mosteiro de Santa María de Monfero unha leira de viña no Cadavo por mil trescentos marabedís
Fecha de creación
1451-03-03 / 1451-03-03. 1451, marzo, 3. San Rosendo
Fecha de acumulación
1451-03-03 / 1451-03-03. 1451, marzo, 3. San Rosendo
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance y contenido
Comprende privilexios reais, doazóns, compravendas, foros, obrigas, sentenzas xudiciais e outros documentos de orixe pública ou privada.