Francisco Blanco Salcedo, natural de Capillas (bispado de León) era sobriño do arcebispo de Santiago do mesmo nome e apelidos, e debeu chegar á Compostela canda el, en 1574, ou pouco despois, pois en 1575 obtén alí o título de licenciado en Dereito Canónico; dous anos máis tarde é nomeado cóengo da Catedral e cardeal. Desde o seu nomeamento ata 1581 desenvolve a súa tarefa nesta diocese. Con posterioridade foi inquisidor do Tribunal de Valladolid e parece que tamén doutros tribunais, segundo consta no verso dun dos documentos do fondo: "Título de licenziado en leies del señor don Francisco Blanco, canónigo y cardenal de Santiago, y inquisidor en tres inquisiciones." (PLAN 1338)
Historia archivística
O fondo foi depositado no Arquivo pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en xaneiro de 1999. Procedía dunha compra realizada con anterioridade a 1988, probablemente nunha casa de poxas de Madrid. O lote adquirido comprendía 5 caixas de documentos de carácter familiar e outras dúas de libros e partituras musicais.
Alcance y contenido
A documentación deste fondo é exclusivamente de carácter persoal; reflíctese nas series Títulos e Licenzas episcopais. Ademais, contén un libro copiador de correspondencia do arcebispo Francisco Blanco.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Latin
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanística
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Notas
Nota general
- Sistema de organización: Cadro de clasificación baseado nas propostas de GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga: Manual de archivos familiares. Madrid,, ANABAD, 1993; e GARCÍA ASER, Rosario, LAFUENTE URIÉN, Aránzazu: Archivos nobiliarios: Cuadro de clasificación. Sección Nobleza del Archivo Histórico Nacional. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Centro de Publicaciones, 2000.
- Instrumentos de descrición: Base de datos Cumberland Family Tree, para datos
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia