Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851 – La Habana, 1909). Foi fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez e de Petra Enríquez. Destacou como poeta, xornalista e promotor da cultura galega. É considerado como un dos principais exponentes do Rexurdimento, movemento de recuperación da lingua, da literatura e da cultura galega do século XIX, no que participaron Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Valentín Lamas Carvajal, entre outros.
Fuxeu da casa cara a Madrid en 1866. Alí realizou estudos de Dereito, inconclusos, e escribiu o seu primeiro poema en galego “Cántiga”(1869). No ano 1870 casa polo civil con Modesta Vázquez Rodríguez (o matrimonio relixioso foi en 1877), coa que tivo dous fillos, Adelardo e Leopoldo, que morrerá prematuramente.
Ao longo da súa vida foi redactor en diversos medios xornalísticos: “Gaceta de Madrid”, “El Imparcial”, “El Porvenir” ou “El País”. Participou na fundación da primeira sociedade de intelectuais galegos na emigración: Galicia Literaria en Madrid, en 1875. Pouco despois, en 1877, gañou o certame poético convocado en Ourense por Modesto Fernández y González cos poemas galegos "A Virxe do Cristal", "O guaiteiro" e "Unha voda en Einibó".
Ao ano seguinte volta a Ourense para traballar na delegación de Facenda. En 1880 publica o seu primeiro libro de poemas en galego: Aires da miña terra, polo que será denunciado polo seu contido anticlerical, sendo absolto ao ano seguinte pola Audiencia da Coruña. En 1883 volve a Madrid para traballar no Concello e como xornalista. En 1888 Publica O divino sainete, obra satírica contra a igrexa; coa que sempre será crítico ao igual que co carlismo.
En 1894 Emigra a Cuba (A Habana). Nese ano funda e dirixe a revista "La Tierra Gallega", de vida efémera. En 1896 continúa o seu labor xornalístico na redacción do "Diario de la Marina". Volve a Galicia no ano 1904 para converterse no primeiro poeta galego corado nunha homenaxe celebrada na Coruña.
Ao ano seguinte impulsa desde A Habana, co litógrafo ferrolán José Fontenla Leal, a creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, que presidirá. Os cometidos esperados para a Academia eran a formación do Diccionario e da Gramática da lengua galega. En 1907 Participa no acto de recadación de fondos para erixir unha estatua en Mondoñedo en homenaxe ao seu fillo Pascual Veiga, autor da música do Himno Galego que foi alí cantado por primeira vez.
Morre o 7 de marzo de 1908. O seu cadáver foi embalasamado e trasladado á Coruña, onde foi enterrado o día 2 de abril cunha concorrida asistencia; estimada en 40.000 persoas. No ano 1967 A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.
Alcance y contenido
<>: Poema autógrafo atribuido.
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Ningunha
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Non hai
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Fondo de Hacienda, Libros 2027, 2776 (fol. 295), 2777 (fol. 18).
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia