Fundada en 1947 por iniciativa de Manuel Novoa, será a partir de 1948, despois de asumir a dirección Xesús Ferro Couselo, cando viva a súa mellor época, ao reformarse a súa fórmula organizativa e dar un forte impulso ao seu programa de actividades.
Ao igual que no resto do país, a Guerra Civil (1936-1939) supuxo un corte no discorrer cultural da cidade de Ourense, caracterizada dende mediados do século XIX por un animado ambiente intelectual. Seguindo o ronsel dos mozos do Círculo Azor ou do Grupo Marcelo Macías (primeiros xermolos culturais da posguerra), a "Agrupación Posío, Arte y Letras" conseguirá reanimar, xunto a outras asociacións, a vida cultural da cidade auriense tras a Guerra, servindo de canal para a actividade intelectual e artística, así como de ponte coa xeración Nós; algúns de cuxos membros (Risco, Otero Pedrayo) son socios da agrupación. Outras iniciativas culturais ourensás con protagonismo nas décadas centrais do século XX son a Sociedad Filarmónica Orensana, a Agrupación de Teatro de Cámara y Ensayo, a Coral de Ruada e a Agrupación Auriense.
Os estatutos da asociación establecían como obxectivos desta asociación "aunar las actividades de todos los escritores, artistas e investigadores orensanos o radicados en Orense o en su provincia; dar a conocer los trabajos y obras de carácter cultural realizados individualmente por los miembros de la Agrupación; ayudar y orientar a los más jóvenes para lograr el perfeccionamiento de sus aptitudes; la creación y publicación de una revista en la que se reflejen las actividades y trabajos de sus miembros y la formación de una biblioteca al servicio de la Agrupación. … Juntar a todos los amantes de la cultura en sus diversas manifestaciones para poner en evidencia la intesidad de los valores culturales orensanos en los ámbitos literarios españoles".
Para todo isto, organiza conferencias, recitais, concertos, exposicións, homenaxes a persoeiros da cultura galega, excursións culturais, etc. Forma un fondo bibliográfico propio, e, entre 1951 e 1954, edita a revista Posío. Arte y letras (6 números), na que teñen cabida traballos de todo tipo arredor de temáticas ourensás. En 1950 rexístrase como asociación e redáctanse os estatutos definitivos. Tiña a súa sede social no el local da Comisión Provincial de Monumentos desenvolvendo as súas actividades no Liceo ou no salón de actos da Cámara de Comercio. Sostíñase, sobre todo, a base das aportacións dos seus socios e de subvencións de organismos públicos.
A partir de 1955 entra nunha etapa de práctica inactividade, en 1960 experimenta un efímero auxe para decaer definitivamente ata a súa desaparición en 1966.
Historia archivística
Esta documentación ingresou no AHPOu en calidade de fondo histórico donado por persoas vinculadas á entidade productora.
Alcance y contenido
Poden atoparse documentos relativos á administración da entidade (listados de socios, correspondencia, documentación contable, cartiñas bancarias, facturas, recibos…), ou producidos polas diversas actividades realizadas pola mesma (correspondencia, traballos para publicación na revista Posío, recortes de prensa sobre ditas actividades, programas e invitacións de actividades, borradores de textos e conferencias), etc.
Permite realizar unha aproximación a certos aspectos do movemento asociativo da cidade de Ourense, útiles para o estudo dos movementos culturais e a sociabilidade, entendida como o sistema de vínculos que relacionan aos individuos entre sí. O fondo da Agrupación Posío reflicte o ambiente cultural máis selecto do Ourense de mediados do século XX, herdeiro dunha larga tradición. O seu interese vese acrecentado polo feito de tratarse de documentación privada, cuxas posibilidades de acceso e conservación son máis complicadas cando non se custodian en arquivos públicos.
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Xerais
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Non hai
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia