Creadas como asociacións privadas de afiliación voluntaria mediante o Real decreto do 16 de xuño de 1907, as Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana viron recoñecido, tal e como se establecía no art. 2º, o seu carácter oficial por Real decreto, previa solicitude da asociación da propiedade correspondente.
En 1919 experimentaron unha profunda transformación ó establecerse a colexiación obrigatoria dos propietarios de terreos urbanos nas cámaras mediante o Real decreto do 25 de novembro, contemplando, tamén, a súa creación nas poblacións nas que non existían.
Ó ano seguinte, en concreto, o 28 de maio de 1920, aprobouse por Real decreto o Regulamento provisional para a reorganización e funcionamento das cámaras, que se elevou a definitivo mediante o Real decreto-lei do 6 de maio de 1927, recollendo a ampliación da xurisdición das provinciais a todo o territorio da provincia, coa excepción do que correspondera ás locais que existisen dentro dela. Con posterioridade, a Lei do 9 de setembro de 1931 elevou este regulamento á categoría de lei que se derogou en 1941 mediante a Lei do 30 de maio.
En 1950, a súa organización e funcionamento reguláronse por un novo regulamento aprobado polo Decreto do 10 de febreiro e modificado parcialmente en anos sucesivos. Posteriormente, aprobouse mediante o Real decreto 1649/1977, do 2 de xuño, o proxecto de regulamento das cámaras, que pretendía dotalas da organización e autonomía que o momento requiría.
Despois da asunción efectiva, por parte da Comunidade Autónoma de Galicia, da competencia exclusiva en materia de corporacións de dereito público, mediante o Real decreto 2577/1983, do 25 de agosto, sobre traspaso de funcións a esta Comunidade en materia de Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana, suprimíronse como corporacións de dereito público polo Real decreto-lei 8/1994, do 5 de agosto, establecéndose o procedemento para a súa liquidación e extinción mediante o Decreto 46/1999, do 11 de febreiro.
Historia archivística
O fondo documental foi transferido ó Arquivo Histórico pola Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia de Pontevedra.
Alcance y contenido
Entre as series documentais que conforman o fondo da cámara, abundan as relativas á xestión administrativa deste organismo, tales como contas xerais de liquidación dos orzamentos, libros de caixa, correspondencia, etc. As propias da súa organización como as actas de sesións da xunta de goberno, os regulamentos de servizos, e as que se xeran no exercicio das funcións que lles deu orixe como os libros rexistro de demandas, os expedientes de desafiuzamento ou os rexistros de contratos de traballo en porterías de terreos urbanos.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Regular
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota general
1.3.1. Data sen confirmar
2.1. Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Pontevedra 4.4. Tamén manuscrito
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia