Parroquia do antigo arciprestado de Nemancos.
Dela refire o cardeal del Hoyo que tiña por anexo a San Xoán de Berdullas e que pertencía aos frades bieitos do priorato de San Xoán de Moraime. De feito anota que "no tiene leña ni agua dulce, y para esto han de salir a cogerlo en la jurisdicción de Moraime, a cuya causa los vecinos son muy vejados de los frailes".
Continúa a referir que os frades levaban parte dos froitos da parroquia, derivados da mar na súa maior parte.
Menciona apresenza da capela de Nosa Señora da Encarnación, fundada por Alonso García, e da ermida de Nosa Señora da Barca.
Tivo por anexo a San Xoán de Bardullas até o XIX.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia