A Terceira Orde de San Francisco, fundada polo santo en 1221, obtén recoñecemento canónico coa bula do 20 de xullo de 1447 do papa Nicolás V, que establecía ademais a súa regra; pero os terciarios españois e portugueses conseguiron do papa Paulo III en 1549 tres regras propias: unha para os que vivían en comunidade, outra para as monxas e outra para os segrares que vivían nas súas casas ou en ermidas. Os membros desta orde xurden na cidade da Coruña en 1674, vencellados ao convento de San Francisco. En 1680 comeza a construcción da súa capela en terreos cedidos polo convento. Ao ser unha institución privada non lle afectaron as medidas desamortizadoras
Historia archivística
O fondo chegou mesturado cos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña, que ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permaneceu en dependencias públicas incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance y contenido
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Titular de los derechos:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia