Luz Pozo Garza nace Ribadeo o 21 de xullo de 1922. Esta poeta e ensaista galega foi membro da Real Academia Galega dende 1996. Recibiu a Medalla Castelao e o Premio da Crítica de poesía galega.
Desenvolveu en Vigo unha traxectoria como docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario, xubilándose en 1987 no Instituto de Nigrán.
Entre 1975 e 1976 codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión.
Continuou a súa producción literaria e actividade intelectual ata o seu pasamento na Coruña o día 20 de abril de 2020.
Historia archivística
O fondo documental ingresa por doazón no Arquivo de Galicia dende 2016 en diferentes entregas.
Alcance y contenido
No fondo documental destacan os borradores e apuntamentos orixinais da súa obra, xunto con textos elaborados para conferencias, congresos, presentacións. É salientable a correspondencia propia con Álvaro Cunqueiro, Seoane e outros creadores e intelectuais galegos, ademais da do seu marido, o poeta Eduardo Moreiras, con Vicente Aleixandre; o fondo documental conta tamén de ilustracións propias e de outros autores ben para as súas obras, ben para as revistas que editou. E finalmente un número importante de fotografías. Hay tamén gran volume de recortes de prensa e información publicada en diferentes medios sobre a obra de Luz Pozo desde que publicou o seu primeiro poema, no ano 1948.