As obras pías son institucións creadas para fins benéficos ou obras relixiosas. Durante o Antigo Réxime as iniciativas que contaban con recursos económicos implicaban o establecemento dunha fundación, é dicir, a dotación dunha masa patrimonial para un fin que se pretendía que perdurase no tempo. A motivación da maior parte das fundacións é piadosa, xa que se entenden como investimento na salvación da alma. Poden ir desde a encarga de misas e aniversarios pola alma do fundador e a súa familia, ata a construción de capelanías e obras pías: institucións benéfico-asistenciais ou educativas. A súa administración entrégase normalmente a entidades que aseguren a súa perdurabilidade, como congregacións relixiosas, bispos e cabidos, etc. Desta forma quedan vencelladas a elas, pero sen que isto supoña a perda da súa autonomía financeira nin da súa entidade institucional. As obras pías aparecen desde a Baixa Idade Media amosando a capacidade da sociedade do Antigo Réxime para xerar mecanismos de redistribución económica que garantisen a estabilidade social. Segundo a tipoloxía podemos distinguir entre as de esmola a pobres, as de repartimento de dotes a doncelas e orfas ou as benéfico-docentes. As obras de socorro a pobres e as de dotes a orfas coñecen o seu maior esplendor no século XVII. Na seguinte centuria xorden as educativas. As capelanías son unha modalidade de fundación pía que aparece no século XIV. A maior parte son de padroado de leigos, vinculadas a determinadas liñaxes que as usan para colocar membros segundóns da familia. O proceso desamortizador iniciado a finais do século XVIII supuxo o primeiro grande embate contra estas institucións. Obra pía fundada por José Vicente Piñeiro y Cancio, coengo prebendado na Santa Metropolitana Igrexa Catedral de Santiago, en 1795
Historia archivística
O fondo chegou mesturado cos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña, que ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permaneceu en dependencias públicas incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance y contenido
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Titular de los derechos:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia