Ramón María de la Maza, veciño de Santiago de Compostela, herda da familia Somoza os bens que esta familia posuía en varias parroquias dos concellos de Teo, Vedra, A Estrada, Boqueixón e Touro. Así como numerosas casas na rúa de San Pedro e na rúa de Entrerríos da cidade de Santiago de Compostela.
Casa con Petra de Agar y Roldán, e co matrimonio do seu fillo Leopoldo de la Maza y Agar coa súa prima Amelia García de Paredes Agar, condesa de Taboada, os seus descendentes converteranse en condes de Taboada.
Historia archivística
Este fondo chegou por venda de Ricardo Martínez Longueira ao Ministerio de Cultura a través do Arquivo do Reino de Galicia.
Alcance y contenido
Só conta cun documento, un Libro cobrador de rendas
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Normativa:
Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e pasan a gozar por tanto do réxime de protección e acceso que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.