A Academia Galega nace en 1894, grazas a Sociedade do Fol-Klore Gallego que decide disolverse para converterse nesta institución. No día 29 de decembro de 1883, na casa de Emilia Pardo Bazán na Coruña e baixo o seu amparo, nace a Sociedade do Folk-Lore Gallego a imitación do Folk-Lore Español creado por Antonio Machado Álvarez en Sevilla. O 25 de febreiro de 1894, e previas convocatorias na prensa, a Xunta Directiva xunto con algúns dos socios deciden refundarse como Academia Gallega para o que utilizan os fondos e socios do Folk-Lore. Créase unha Comisión Xestora que redacta e aproba -o 17 e 18 de febreiro- un Regulamento e acorda convocar Xunta Xeral para elixir a Directiva. Isto xa non foi posible debido as desavinzas entre os participantes. Ante estas fortes discrepancias sen posibilidade de acordo, o 14 de abril disolveuse a Sociedade do Fol-Klore Gallego e liquidanse os fondos restantes en obras benéficas.
Descoñecida
Descripción de la forma de ingreso: Doazón de Andrés Martínez Salzar.
Forma jurídica del ingreso: Doazón
Borradores de actas, regulamentos e correspondencia
No existen copias