O "Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario" créase pola Lei 35 /1971 do 21 de xullo como organismo autónomo da Administración do Estado, dependente do Ministerio de Agricultura. ten como finalidade o desenvolvemento e a modernización das estructuras agrarias. Suprímense a "Dirección General de Colonización y Ordenación Rural", o "Instituto Nacional de Colonización", o "Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural", o "Consejo Nacional de Colonización" e a "Comisión Central de Concentración Parcelaria". O Decreto 3220/1971 do 23 de decembro no seu artigo 13 establece a existencia de xefaturas provinciais en cada provincia. Por Real Decreto 2423/1982 do 24 de xullo traspásanse funcións e servizos en materia de reforma e desenvolvemento agrario do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.
O 1 de marzo de 1979 asínase a acta de entrega entre o xefe provincial do IRYDA e o director do Arquivo ingresando o día 9 do mesmo mes.
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
Boletíns Individuais da Propiedade T-5 para a concentración parcelaria ( enquisas para a investigación dos propietarios das terras e a súa clasificación).
Prevense novas transferencias en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.
Preséntase organizado por concellos e por parroquias: - Cerdedo - Cuntis: Arcos de Furcos - A Estrada: Agar; Ancorados; Berres; Callobre; Cora; Curantes; Guimarei; Loimil; Moreira; Oca; Riobo; Rubín; San Julián de Vea; San Jorge de Vea; San Miguel de Castro; Santa Cristina de Vea; Somoza. - Forcarei: Presqueiras. - Ponteareas - Ribadumia: Besomano; Ribadumia. - O Rosal: Eiras- Tabagones; Santa María do Rosal. - Silleda: Ansemil-Breixa-Martixe; Bazar-Pazos; Carboeiro-Saidres; Chapa-Manduas; Escuadro-Relas; Silleda.
Agás as restriciones contempadas no art. 57.1.c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Material en el que se registra la información: Papel
Estado de conservación: Moi bo
Relación de entrega
No existen copias
Información adicional de la copia: As Xefaturas Provinciais enviaban ó "Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario" de Madrid, á Notaría do Distrito e ó Rexistro da Propiedade copias dos títulos de propiedade e planos.
Ás Delegacións de Facenda (Catastro de Rústica) envíanse unha colección de planos e unha relación de propietarios a efectos fiscais.
Mecanografiada
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.