Os Xulgados Mixtos da Propiedade Rústica foron creados por Decreto do 7 de maio de 1931 co fin de arbitrar os problemas derivados da Reforma Agraria e as condicións de contratación, vixiando o cumprimento da normativa laboral no sector agrario. Vincúlanse aos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución a través do Xuíz, que é o presidente do Xurado. As súas funcións son regular os contratos de arrendamento, determinando as súas bases e deixando sen efecto as cláusulas abusivas; intervir nos preitos entre propietarios e arrendatarios e coñecer os preitos de desafiuzamento, excepto por causa de falta de pagamento. O Regulamento de Xurados Mixtos foi regulado polo Decreto do 4 de outubro de 1933 e suprimidos pola Lei de Arrendamentos Rústicos do 15 de marzo de 1935 e a súa documentación foi remitida aos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución correspondentes.
A primeira transferencia? a segunda recibiuse xunto con outros fondos de xulgados. Todos achábanse almacenados sen ningún control no edificio dos Xulgados da Coruña.
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
No existen copias