Tómase como documento fundacional da Real Audiencia de Galicia a Cédula dos Reis Católicos de 3 de agosto de 1480, pola que nomean a Fernando de Acuña como Xustiza Maior,e a García Lope de Chinchilla como Oidor, para que vaian ao Reino de Galicia a formar nel a Real Audiencia. Esta creación foi confirmada posteriormente pola Pragmática dada polos Reis en 1494 na que se determina a forma de facer xustiza polo Gobernador e os Alcaldes Maiores. No ano 1500 asínanse polos Reis as primeiras Ordenanzas sistematizadas para a Audiencia do Reino de Galicia, nelas xa se fala de Audiencia como tal. A Real Audiencia establécese como un órgano intermedio da administración castelá entre a cúspide do sistema, o Consello de Castela, e a base, formada polos correxidores, superintendentes da administración municipal e os xefes de policía. Goza de competencias de goberno e administración, dirixindo a administración territorial en materia de abastos, obras públicas, sanidade e beneficencia, entre outras. Como tribunal de xustiza posúe amplas facultades dende os seus inicios: xurisdición civil e criminal en primeira instancia no lugar que residise, con cinco leguas ao redor; coñecemento dos Casos de Corte en todo o Reino; facultade para levar a efecto as sentenzas que dese o Xustiza Maior ou o seu Alcalde; executar sentenzas ditadas por outros xuíces; extensión da Graciosa e o despacho das Ordinarias. No concernente ás funcións gubernativas ten competencias na persecución de malfeitores, desterros, secuestros de fortalezas, imposición de treguas, todo o relativo a sanidade e beneficencia, orde e moralidade pública, contrabando, asuntos de moedas, pesos e medidas, conservación de montes, etc. No ámbito militar o referente a levas, aloxamentos e aprovisionamento do exército, defensa das costas, armamento, etc., funcións do Capitán Xeral, que pode utilizar á Audiencia e os seus membros como instrumento executorio. Os dous principais órganos da Real Audiencia de Galicia foron a Presidenza e o Real Acordo. O presidente da Real Audiencia, Gobernador do Reino e Capitán Xeral de Galicia tivo desde o seu nomeamento tivo funcións militares, funcións propias dun tribunal de excepción de carácter militar e as estritamente xudiciais. Estas tres funcións foron desenvolvidas por unha mesma persoa, excepto en períodos determinados que se nomeará un Rexente para o goberno da Real Audiencia. O Real Acordo de Galicia era un corpo colexiado formado polos Alcaldes e Oidores baixo a presidenza, segundo as etapas, do Gobernador-Capitán Xeral, ou do Rexente. Entre outras funcións, despachaba os asuntos propiamente gubernativos, recibía as provisións ou cédulas reais, despachaba as convocatorias para as Xuntas do Reino ou para outros negocios cos concellos, ocupábase do aprovisionamento e abastecemento de pan, sal e outros consumibles, e ditaba providencias para defender as costas de inimigos e corsarios, así como para gardar a saúde pública e remediar a mendicidade. Ademais, ocupábase da elección dos xuíces dos tribunais inferiores, do nomeamento dos membros do persoal da Real Audiencia, impartición de normativas para o persoal subalterno e das irregularidades cometidas polo persoal xudicial. Así mesmo, velaba polo cumprimento da lexislación relativa ás visitas ao Cárcere público.
A orixe está na disposición de Carlos V mandando que se forme un arquivo cos papeis da Audiencia, orde que foi cumprida a pesar da dificultade que supuña o que a Real Audiencia carecese de sede fixa durante a segunda metade do século XVI, así como as diversas translacións que debía realizar o Arquivo por esta causa. Inicialmente, a responsabilidade da custodia dos documentos recae nas escribanías de asento que os producían. Diversos testemuños dan noticia de que dende datas temperás existía un local que facía as veces de arquivo central da Real Audiencia, localizado no Convento de Santo Domingo da Coruña. No devandito convento a documentación sufriu os efectos da ocupación e queima do edificio por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. En 1719, ante as ameazas de guerra, o Capitán Xeral, marqués de Risbourg, ordenou a súa translación a Betanzos para evitar a perda da importante documentación nel custodiada. Ao pouco tempo volveron á Coruña, aínda que se extraviaron moitos documentos debido á falta de coidado e aos intereses maliciosos dalgunhas persoas. Con motivo do derrube das coñecidas como Casas Reais de Audiencia en 1733, solicitouse un informe do estado do Arquivo xeral, atopándose que este estaba situado nunha adega húmida e mal acondicionada do convento de Santo Domingo, na que apodrecían os documentos depositados. Os papeis volveron a espallarse e tornaron a poder dos escribáns de asento. Ao pouco tempo ordenouse que pasasen parte ao Hospital do Bo Suceso, ao Convento de San Andrés e ás casas particulares dos escribáns. O certo é que a documentación estivo en pésimas condicións durante a segunda metade do século XVII e gran parte do século XVIII a causa da humidade, amoreamento dos papeis e á súa dispersión por distintos lugares que imposibilitaban a súa consulta. Ao cabo, a orixe inmediata está na Real Cédula de Carlos III de 22 de outubro de 1775 pola que se crea o Arquivo Xeral e Público de Galicia, dótase de persoal e regúlase o seu funcionamento. Para este fin constrúese un edificio na cidade de Betanzos que nunca chegou utilizarse para a súa labor orixinal, polo tanto retíranse os caixóns e estantes, que se trasladaron á súa nova sede nos sotos do Palacio da Real Audiencia (actualmente Palacio de Capitanía Xeneral), onde permaneceron até 1936, cando foron trasladados aos sotos do Palacio de Xustiza. Finalmente, en 1956, trasladáronse ao edificio que ocupa na actualidade o Arquivo do Reino de Galicia. A documentación que se custodia actualmente no Arquivo municipal da Coruña procede dun destes traslados da documentación debido aos referidos avatares. Non podemos precisar en qué momento exacto tivo lugar.
Recolle a documentación producida e recibida pola Real Audiencia de Galicia no desenvolvemento da súas funcións, divídese en tres seccións que corresponden a: Rexente/Presidente/Capitán Xeral, Real Acordo/Tribunal pleno e Xulgado de provincia. As series reflicten as principáis atribucións e competencias da Real Audiencia: xudiciais, goberno e administración. Dado o carácter e as competencias da institución que o xerou, o fondo reúne información sobre un amplísimo abano de aspectos da vida dos homes e institucións de Galicia durante o Antigo Réxime e a transición á Idade Contemporánea.
E un fondo pechado
Só limitada polo estado de conservación dos documentos
Suxeito ás taxas e prezos públicos que para a reprodución de documentos fixe o Concello.
Material en el que se registra la información: Papel
Estado de conservación: Regular
Descripción estado de conservación: A documentación está en soporte papel e nalgúns casos atopase en mal estado de conservación.
Inventario Rexistro topográfico
No existen copias
Fondo da Real Audiencia de Galicia, no Arquivo do Reino de Galicia
AGUIRRE, Severo. Prontuario alfabético y cronológico por orden de materias de las instrucciones, ordenanzas, reglamentos, pragmaticas, y demas reales resoluciones no recopiladas que han de observarse para la administración de justicia y gobierno en los pueblos del reyno. Madrid: Imprenta Real, 1799 ARQUIVO DO REINO DE GALICIA. Estradas e camiños : o estado e a construcción dunha rede viaria en Galicia : exposición xullo-setembro 2007. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2007 CONSEJO REAL DE CASTILLA. El libro de las leyes del siglo XVIII:colección de impresos legales y otros papeles del Consejo de Castilla (1708-1781). Madrid: Boletín Oficial del Estado, 1996-2003 ESCOBEDO ROMERO, Rafael. El tabaco del rey: la organización de un monopolio fiscal durante el Antiguo Régimen. Barañáin: EUNSA, 2007 ESCRICHE, Joaquín. Diccionario razonado de legislación y jurisprudencia. Madrid: Eduardo Cuesta, 1874 FERNÁNDEZ VEGA, Laura. La Real Audiencia de Galicia órgano de gobierno en el Antiguo Régimen (1480-1808). La Coruña: Diputación Provincial, 1982 GALLARDO FERNÁNDEZ, Francisco. Origen, progresos y estado de las rentas de la corona de España, su gobierno y administración. Madrid: Imprenta Real, 1806 GALLARDO FERNÁNDEZ, Francisco. Prontuario de las facultades y obligaciones de los Intendentes, Subdelegados, Contadores y de mas empleados en la administracion de las Rentas Reales. Madrid: Imprenta Real, 1806 GARCÍA MARÍN, José María. La reconstrucción de la Administración territorial y local. Madrid: Ministerio de Administraciones Públicas, 1987 ITINERARIO de las Carreras de Posta de dentro, y fuera del Reyno... Madrid: Antonio Pérez de Soto, 1761 LLOPIS PONTE, M., Burocratización de la Capitanía General: nacimiento de la Real Intendencia. En: Quinientos años de la Capitanía General de Galicia. Madrid: Servicio de Publicaciones del Ministerio de Defensa, 1985, págs. 13-33 LÓPEZ, Ramón Francisco. Cartilla de agentes y pretendientes, o manual de ministerios, tribunales y oficinas. Madrid: Miguel de Burgos, 1828 LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. La Real Audiencia de Galicia y el Archivo del Reino. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1996 LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. La reconstrucción del Archivo de la Real Intendencia de Galicia y su Juzgado de Correos y Caminos: un proyecto de investigación. Boletín Avriense, T. XXXVIII-IX, p. 235-272 MARTÍNEZ ALCUBILLA, Marcelo. Diccionario de la administración española, peninsular y ultramar: compilación ilustrada de la novísima legislación de España en todos los ramos de la administración pública. Madrid: Administración, 1868-1870 NIEVA Y BARRERAS, Manuel D. Descripción de todas las rentas del Estado de España dentro de la peínsula desde la creación de ellas. Madrid: Eusebio Aguado, 1845 NOVÍSIMA recopilación de las Leyes de España. Madrid: [s.n.], 1805-1807 RIPIA, Juan de la. Práctica de la administración y cobranza de las Rentas Reales, y visita de los Ministros que se ocupan en ellas. Madrid: Joachin Ibarra, 1799