Na antigüidade esta parroquia coñecíase co nome de Elvenos, co que aparece na doazón da indanta doña Urraca á Iglesia de Tui o 13 de xaneiro de 1071. O señor Sandoval equivocouse ó ler este topónimo e escribiu Cluenos. A mediados do século XIII decíanlle Alveus, nome do que deriva o actual Alveos. Pertence ó concello de Crecente e gozaba do título de Vizcondado incorporado ós Marqueses da Serra. Antigamente albergou un monasterio de monxas benitas fundado co patrimonio do santo Neno e san Martiño Pelaio.
2.3 Historia archivística
O Arquivo Histórico Diocesano foi erixido en 1974 para asegurar e difundir o patrimonio documental conservado nos arquivos parroquiais da diocese con dilixente esmero por parte dos párrocos. Ese inaprezable tesouro chegou íntegro ata nós, salvo moi contadas excepcións, nas que sufriu deterioros por deixamento persoal ou por destrución a mantenta, coma no caso do saqueo e queima dos arquivos das parroquias do Porriño, de Vilavella e de Redondela polos franceses en 1809. Para evitar perdas irreparables das fontes que posibilitan a reconstrución da vida relixiosa, cultural, económica e social dos tempos pretéritos, en 1971 a Conferencia Episcopal Española determinou que se transferiran os arquivos parroquiais con máis de cen anos de antigüidade ó Arquivo Histórico Diocesano. Facéndose eco da importante iniciativa, o Boletín Oficial del Obispado de Tuy-Vigo, número 115 (1974), publicou o decreto do entón bispo da diocese, D. José Delicado Baeza, no que dicía: “De conformidade co acordo da Confederación Episcopal Española dispoñemos que os arquivos parroquiais con antigüidade de cen anos se transfiran ó arquivo xeral diocesano, conservando a súa propiedade as respectivas parroquias”.
Co mencionado decreto de 1 de maio de 1974 creouse o Museo e Archivo Diocesano baixo a dirección do sempre lembrado D. Jesús Gómez Sobrino. Ambas entidades patrimoniais e culturais permaneceron unidas e ocuparon o nobre edificio do antigo hospital de pobres e peregrinos, inmediato á catedral, que o prelado D. Juan Manuel Rodríguez Castañón construíra ás súas expensas en 1756 sobre outro anterior, levantado no século XVI.
Polo 1983, para mellorar o ordenamento físico do Arquivo Capitular, habilitáronse as dependencias do non utilizado pazo de contaduría, sito no lado norte da catedral. As obras realizáronse no 1797, sendo bispo D. Juan García Benito. No ano 1994 trasladouse tamén alí o Arquivo Histórico Diocesano. Dende xuño de 1998, xa co bispo actual, D. José Diéguez Reboredo, separáronse totalmente os arquivos Catedralicio e Diocesano do Museo Histórico Diocesano.
O Arquivo Diocesano dispón, ademais, dunha biblioteca especializada en temas históricos para facilitar o traballo dos investigadores.
3. Área de contenido y estructura
3.1 Alcance y contenido
A produzón propia dunha parroquia: libros de bautizados, casados, defuntos, cofradías, etc.
3.3 Nuevos ingresos
Nuevos ingresos o transferencias:
Os libros da parroquia dos últimos cen ou cento cincuenta anos.
3.4 Organización
Cofradías: Santísismo y Nuestra Señora, el Señor, Soledad y Ánimas, Hermandad Santo Cristo de la Salud,.
Goberno: rexistros de bautizados, casados, defuntos, visitas.
Administración xeral: fundacións, cartas pastorais.
Casa solariega El Pazo.
4. Área de condiciones de acceso y utilización
4.1 Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Ós documentos poden acceder os investigadores e todo o aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben aterse ás limitacións das leis vixentes e o regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
4.2 Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reproducción está moi limitada para evitar o deterioro e garantir a integridade da documentación. Existen uns impresos para solicitar fotocopias e reproduccións dixitais.
4.4 Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
4.5 Instrumentos de descripción
Instrumentos de descripción:
Ficheiro temático, guías e inventarios.
5. Área de documentación asociada
5.2 Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
5.4 Nota de publicaciones
Bibliografía:
Ávila y La Cueva, Francisco, Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tui y su obispado, “Villas, arzobispados, parroquias, montes, ríos, islas”, tomo II da edición facsímile en catro tomos do orixinal sito no Arquivo da Catedral de Tui, Consello da Cultura Galega, 1995.
7. Área de control de la descripción
7.1 Nota del archivero
Macarena Cuiñas Gómez, baixo a supervisión de Marina García Pita, servizo de patrimonio da Xunta de Galicia.
7.2 Reglas o normas
Reglas o normas:
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
7.3 Fecha(s) de la(s) descripción(es)
Fecha de creación:
2007/09/24
Fecha de última modificación:
2016/05/17 16:36:26
Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia