Cayetano Ponte y Andrade escribán de Goberno da Intendencia (nomeado polo Intendente o 29/08/1753) e escribán do Concello. Polo primeiro cargo tiña a competencia dos negocios e causas tocantes á aduana, tabaco, goberno, policía e comisións que se trataban no tribunal da Intendencia, tal e como establecía a sentenza de 1756 e a de 1757 que poñían fin ao preito de competencias cos propietarios das escribanías Maior de Rendas, a de Guerra, Milicias e Contrabando, e da de Millóns. Foi, ademais, depositario nomeado para o cobro e distribución do arbitrio para composición de camiños do reino.
Cayo Acha Patiño Figueroa y Sarmiento ( 8 de xuño de 1737- 1787). Dono da Torre da Igrexa, freguesía de San Esteban Tremeado (Lugo). Figura como “hijodalgo” en 1771. Fillo de Ciprián Antonio Acha de Patiño, natural de Cambados (Pontevedra) (nado 22 de setembro de 1692) e Josefa Otero Garía (filla de Luís de Otero e Maria de Otero de Fefiñanes).
O seu terceiro avó, o capitán don Luís Patiño, fillo de don Bartolomé Patiño de Saavedra (Vila de Pontevedra 1650) e dona Juana Figueroa, sobriño do señor don Gonzalo Valladares, maestre de campo e vizconde da vila de Fefiñans, formara compañía de infantería de xente da terra para pasar a Portugal cando o seu levantamento para a sua defensa. Bartolomé Patiño de Saavedra era capitán de Infantería Española, o cal con motivo de pasar coa súa compañía ao servizo do seu soberano aos estados de Flandes deu todas as súas facultades ao seu irmán don Luís Patiño para que administrase as súas facendas. Don Bartolomé de Acha e o seu fillo tamén Bartolomé como cabaleiros nobres estiveron coas súas armas e cabalos na defensa da praza de Monterrey pola invasión que tentaban facer nela as armas Portuguesas no ano 1642 para a que foran convocados por carta do Excmo. Señor don Martin de Redin, Capitán Xeneral do Reino de Galicia.
Solicitou á Real Chancillería de Valladolid a carta “Ejecutoria” de nobreza e fidalguía no 18 de decembro de 1780.
Casou con dona Cayetana Ponte y Andrade, filla de don Cayetano Ponte y Andrade. Tiveron polo menos catro fillos: Mariquita, Francisca, Ignacio e Manuel. En Coruña viviron na rúa da Franxa nº 69 .
Ocupou os cargos de: Escribán da Real Renda de Correos neste Reino, Escribanía de Goberno e Comisión da Intendencia (1765 en lugar de Ortega).
O 1 de setembro de 1778, Cayo Acha Patiño foi nomeado secretario de goberno e tesoureiro pagador da Comisión encargada das Expedicións á Provincia do “Río de la Plata, levadas a cabo coa intención de poboar a Patagonia.
Manuel Acha Patiño Secretario da “Real Junta de Policía” desta cidade; nomeado en 1793 , co goce de cen ducados anuais para gastos de escritorio. Escribán do Goberno e Comisión da Intendencia Xeral deste Reino e máis antigo do Concello de Coruña, e na Escribanía de Goberno e Comisión da Intendencia vacante por morte do seu pai, por concesión real en outubro de 1787.
Casado con María del Carmen Alvarez Trelles, de orixe asturiana. Os seus fillos Ramón e Juan ingresaron como garda mariñas entre 1818 e 1819 e Tomás fíxoo en 1819. Este último, foi deputado pola provincia da Coruña en 1854-1856 e senador en 1871-1872 e 1872-1873.
Irmán de Ignacio Acha Patiño subtenente do Rexemento Provincial de Mondoñedo.
Avós maternos: don Juan de Ponte e don Gregorio Meijome, como cabaleiros nobres e “hijosdalgo” estiveron cos seus cabalos e armas as ordes do Excmo. Sr. Duque Príncipe de Barbazón, Capitán Xeneral deste Reino que foran convocados o 13 de xuño de 1702 por seren invadidas as costas deste reino pola escuadra inglesa e holandesa e teméndose algún desembarco.
Descendentes paternos: Quinto e cuarto neto de don Bartolomeu de Acha, (avó 1º dese nome) dono da torre da Igrexa, e don Bartolomeu de Acha e Saavedra (2º dese nome). Cuartos netos do Capitán don Luís Patiño e quintos de don Bartolomé Patiño rexedor perpetuo da cidade de Santiago e irmán de don Luís.
Solicitou a utilización do distintivo de DON nas súas firmas xudiciais.
Parente de don Pedro Lorenzo de Ponte y Andrade, quen servindo ao Rey Felipe II como comandante das milicias de Fisteus e Mesonzo saíu en socorro e defensa do Porto avanzado da Pasaxe cando a cidade foi atacada pola escuadra inglesa ao mando de Francis Drake.
Sobriño do Excmo. Señor don José Patiño, primeiro secretario de Estado e Despacho de Guerra, Facenda, Mariña e Indias.
Historia archivística
Trátase de documentos pertencentes á familia Acha Patiño. Ademáis dos documentos familiares, ao teren exercido varios dos seus membros diferentes cargos públicos, este arquivo contén numerosos borradores e notas relacionados co desempeño de varias funcións.
Cando Manuel Acha Patiño marchou a Cádiz, en 1812, fixo entrega a Benito Tomás Frade dos documentos da Escribanía de Goberno da “Intendencia General” que desempeñaran tanto el coma o seu pai.
Descoñecemos o momento no que esta documentación se barallou co fondo xeral do Concello, alterándose a sua procedencia orgánica.
Alcance y contenido
Este fondo documental está formado por documentos particulares da familia, escrituras derivadas do seu labor de escribáns, e de borradores e notas de varias institucións nas cales tiveron cargos, destacando a referida á Intendencia de Galicia-Secretaría de Goberno e Tesourería de Pago da “Comisión de las Expediciones al Río de la Plata”-
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Consulta libre, só limitada polo estado de conservación da documentación.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeito ás taxas e prezos públicos que para reprodución de documentos fixase o Concello.
(Ordenanza reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal.)
Lengua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Archivo General de Simancas – Secretaria de Marina (Expedicions a Indias)
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia – Intendencia
Localización de originales: Real Chancillería de Valladolid. Preitos de fidalguía
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia