A documentación catastral xerada polos distintos servizos e unidades administrativas atopábase depositada nas dependencias da Xerencia Territorial do Centro de Xestión Catastral e da Xerencia Territorial da Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda ata o momento de ser transferida ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Alcance y contenido
Entra a documentación catastral custodiada no Arquivo Histórico Provincial de Lugo consérvanse as cédulas de propiedade, as fotografías aéreas retintadas e as listaxes de características do catastro de rústica dos anos 50 e as "fichas de implantación" do catastro de urbana dos anos 60, todas elas de grande interese para o coñecemento da propiedade xa que sirven de referencia para documentar a delimitación parcelaria e permiten coñecer graficamente o territorio
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso restrinxido para aquela documentación que conteña datos de carácter persoal cunha antigüidade de 50 anos, segundo o disposto no artigo 57.1.c da Lei 16/1985 do 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español, e libre acceso para o resto do fondo en aplicación do artigo 13.d da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas relativo ao acceso a información pública, arquivos e rexistros e de acordo cos artigos 12 e seguintes da Lei 19/2013 de 9 de decembro de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o artigo 23.6 da Lei 7/2014 de Arquivos e Documentos de Galicia e o resto do ordenamento xurídico
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución dos documentos queda condicionada ao estado de conservación
Lengua:
Spanish; Castilian
Notas
Nota general
Nas imaxes dixitalizadas que acompañan a esta descrición incluímos os reversos das fotografías aéreas que conteñen información sobre a escala ou algún tipo de dato que poida axudar a establecer a medida das superficies. Hai que ter en conta que eses datos refírense exclusivamente a esa fotografía e non poden estenderse ó resto das do concello