Oficio de Nazario de Eguía, capitán xeneral de Galicia, ao intendente, no que lle comunica que xa deu orde para o envío dos soldados solicitados para a feira dos días 27 e 28 de xullo en Santiago de Compostela
A Intendencia de Galicia desaparece tras a reorganización territorial do Estado en 1833, a partir desta data Galicia conta con catro provincias e cada unha delas cun intendente provincial creado segundo o Real Decreto de 26 de setembro de 1836. O Real decreto de 23 de maio de 1845 organiza a facenda provincial de xeito que nas capitais de provincia estará o intendente, os administradores, tesoureiros e xefes das seccións de contabilidade; nos partidos estarán os subdelegados, administradores, depositarios, etc. Sendo o intendente o xefe superior en todos os ramos da facenda pública con dependencia directa do ministerio e os subdelegados exercerán as súas funcións baixo a dependencia inmediata dos intendentes. Pero este sistema volve a cambiar co Real decreto de 28 de decembro de 1849 no que se suprimen as figuras do xefe político e do intendente sendo substituídas polo gobernador civil que no ámbito facendístico aprobará as resolucións que lle presenten os xefes dos ramos de facenda como establece a orde de 29 decembro do mesmo ano. Unha orde do 30 de xuño de 1869 refundiu a Administración, a Tesouraría e a Contadoría nunha única dependencia denominada Administración Económica, baixo a autoridade do xefe económico. Esta estrutura desenvolveuse polo Regulamento orgánico da Administración económica provincial do 8 de decembro de 1869. Coa Lei de 9 de decembro de 1881 de creación das Delegacións provinciais de facenda, esta administración provincial convértese en delegación e o seu administrador en delegado provincial de facenda
As delegacións de Facenda nacen por Lei do 9 de decembro de 1881, que as estableceu, baixo a dependencia do ministerio do mesmo nome, como órganos superiores económicos das provincias. Herdan pois boa parte das funcións e o carácter das antigas intendencias, suprimidas en 1849. Funcións que desde aquela data desenvolveran, baixo a autoridade superior dos gobernadores de provincia, as administracións de Facenda e os restantes órganos encargados da súa xestión no ámbito provincial. Inicialmente, organízanse en catro dependencias: Administración de Contribucións e Rendas, Administración de Propiedades e Impostos, Tesouraría e Intervención. Posteriormente, esta estrutura sufrirá numerosas reformas. Cómpre citar, por exemplo, a inclusión da Avogacía do Estado e a conversión da Tesouraría en Depositaría-Pagadoría, en 1892, ou a creación dos tribunais económico-administrativos en 1924. En 1965 establécense por primeira vez delegacións de Facenda especiais en Madrid e Barcelona. En 1979, tras a reforma tributaria de Fernández Ordóñez, o Real decreto 489/1979, do 20 de febreiro, clasificou a Administración territorial de Facenda en administracións, delegacións e delegacións de facenda especiais. Estas establecéronse "nas cabeceiras de zona", con facultades de coordinación, dirección, pulo e programación, ademais de todas as competencias que no ámbito provincial lles correspondesen ás delegacións de Facenda.
Historia archivística
A documentación da Intendencia provincial e logo da Administración económica provincial permaneceu no edificio da antiga Intendencia de Galicia, que segundo unha memoria presentada por Andrés Martínez Salazar, ocupaba a mellor parte do edificio ata que as autoridades militares se fixeron con el, relegando esta documentación ao sotos húmidos, onde a arroxaron toda sen nengún tipo de consideración. Na mesma memoria indica que o delegado, enterado de que a Deputación provincial dispoñía dunha casa libre, solicita o traslado a ese espazo duns 725 legaxos de papeis e libros de propiedades e dereitos do Estado e libros procedentes de varias bilbiotecas de conventos da provincia; aquí conservouse ata o seu traslado ao arquivo. Esta situación de abandono explica o mal estado de parte da documentación conservada
O fondo da Delegación Especial ingresou directamente desde o organismo remitente. Unha parte achábase na súa sede, na rúa Comandante Fontanes da Coruña; outra, recibida nas últimas transferencias, estaba depositada nunha nave na Travesía de Orillamar.
Alcance y contenido
Correspondencia de entrada e saída sobre asuntos xerais do funcionamento da Intendencia
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso restrinxido de acordo coa normativa de aplicación.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Inventario do Arquivo da Delegación de Facenda da Coruña (1889-1958), ficheiros: 327-330. Libros de intervención Índice dos comerciantes, industriais individuais e das empresas individuais da provincia da Coruña que realizaron a declaración da contribución sobre as utilidades da riqueza mobiliaria, ficheiros: 349-350
Notas
Nota general
Este fondo atópase en proceso de organización e descrición, polo que o cadro de clasificación e as súas seccións, subseccións e series, coas súas datas e volume, poden sufrir modificacións.
As seccións, subseccións e series coas súas datas e volumes refírense á documentación xa organizada e descrita.
Nota al área de contexto
Nota á área de historia arquivística: procede do fondo da Xunta Superior de Subsidios, Armamento e Defensa do Reino de Galicia