Nace o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, no concello de Arteixo, na Coruña. Estuda en Santiago o bachalerato en Filosofía que remata en 1851. Neste mesmo ano marcha a Madrid para estudar Farmacia, estudos que abandona para centrarse na historia e cultura galega. Casa en 1858 con Rosalía de Castro coa que terá 7 fillos. No ano 1859 o matrimonio abandona Madrid e pasa a vivir en Santiago onde dirixe "El diario de la Coruña". En 1865 publica as primeiras entregas da "Historia de Galicia" onde expón as súa teoría sobre a identidade galega. En 1868 ingresa no Corpo de Arquiveiros e obtén destino en Simancas onde permanecerá dous anos, pasando en 1870 ao Arquivo Xeral de Galicia. No ano 1879 marcha de novo a Madrid onde dirixe as revistas "La Ilustración Gallega y Asturiana" e algo máis tarde "La Ilustración Cantabrica". No ano 1894 chega de volta a A Coruña, o seu derradeiro destino. Xubílase en 1905, pero non queda inactivo. No ano 1906 é nomeado presidente vitalicio da Real Academia Galega e no ano 1913 publica o tomo V da Historia de Galicia. Morre na Coruña en 1923.
2.3 Historia archivística
Gala Murguía, a filla pequena de M. Murguía, deixa en disposición testamentaria os papeis do seu pai á RAG, onde permanecen dende o ano 1964. A documentación queda na maleta na que foi trasladada até o ano 1994 en que Antonio Gil Merino fai un pequeno inventario das 16 caixas que compoñen o fondo e o instala no despacho do bibliotecario. No ano 1998, X. L. Axeitos Agrelo reorganiza, instala e ordena o fondo; primeiro nun despacho do 4º andar e máis tarde, sendo xa académico, o traslada ao 2º piso onde permanece até abril de 2013. Durante estes anos se lle xunta documentación allea: parte dela existente na Academia e outra de nova adquisición. No ano 2013, é da man de Ricardo Axeitos que a recolle do despacho do secretario, ingresa a documentación no depósito do Arquivo.
2.4 Forma de ingreso
Forma jurídica del ingreso:
Doazón
Descripción de la forma de ingreso:
Murguía de Castro, Gala
Fecha de ingreso:
17/01/1964
Número de registro:
2335
3. Área de contenido y estructura
3.1 Alcance y contenido
Plano enteiro da familia Murguía Castro no exterior da casa da Matanza, agrupados ao redor do tronco dunha árbore. De esquerda a dereita, Amara sentada, coas mans cruzadas no colo; Aura sentada, cun pano no pescozo; Ovidio de pé, suxeitando a man do seu pai; Murguía, de pé, co brazo esquerdo abraza ao seu filo, coa man dereita suxeita o tronco da árbore; Rosalía, sentada, acariña un can que ten entre as pernas, na man dereita suxeita unha flor; Gala, sentada coas mans sobre o colo, cun lazo na cabeza e un gran abano pechado colgando sobre unha perna; por último Alejandra, de pé, apoia a cabeza e o ombro esquerdo contra a árbore, cun pano no pescozo e un gran abano pendurado sobre o colo. Inscricións no reverso (2 fotografías). 2. (FS_7_83) Detalle en primeiro plano de Rosalia recortado da foto anterior. Inscrición no reverso de Vaamonde Lores (ver imaxe).
Clase de documento:
Iconográfico
3.4 Organización
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tamén se tivo en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte:
1. Persoal
1.1. Biográficos
1.1.1. Contratos, recibos, carnés, etc.
1.1.2. Homenaxe a Murguía de 1913
1.1.3. Pésames e necrolóxicas
1.1.3.1. Ovidio Murguía
1.1.3.2. Manuel Murguía
1.1.3.3. Gala Murguía
1.1.4. Notas, recortes e correspondencia de Juan Naya sobre a familia Murguía
1.1.5. Fotografías
1.2. Correspondencia
1.2.1. De Manuel Murguía
1.2.1.1. Correspondencia recibida
1.2.1.2. Correspondencia remitida
1.2.1.3. Telegramas
1.2.2. De Rosalía de Castro
1.2.3. De Alejandra Murguía
1.2.4. De Gala Murguía e Pedro Izquierdo
1.2.5. De Ovidio Murguía
1.2.6. Entre Murguía, Rosalía, os seus fillos e outros familiares
3. Función pública
3.1. Funcionario do corpo facultativo de arquivos e bibliotecas
4. Función privada
4.1. Actividades asociativas
4.1.1. Entidades culturais
4.1.1.1. Nomeamentos e convocatorias
4.1.2. Entidades políticas
4.1.2.1. Asociación Rexionalista
4.2. Produción intelectual
4.2.1. Manuscritos de ensaios, artigos, narracións, etc. de Manuel Murguía
4.2.2. Notas e apuntamentos de Manuel Murguía
4.2.3. Concesións de subvencións e axudas a Manuel Murguía
4.2.4. Fichas con datos históricos e biobibliográficos
5. Coleccións
5.1. Pergameos
5.2. Documentos históricos
5.2.1. Cesións, compravendas, doazóns, permutas e transaccións
5.2.2. Privilexios e mercés reais
5.2.3. Ordenanzas e regulamentos
5.2.4. Preitos
5.2.5. Arrendamentos e foros
5.2.6. Nomeamentos e títulos
5.2.7. Posesións e expedientes de propiedade
5.2.8. Inventarios, notas e relacións
5.2.9. Censos, desembargos e poderes
5.2.10. Cédulas reais, ordes reais, pragmáticas e provisións reais
5.2.11. Partillas e testamentos
5.2.12. Bulas, fundacións de misas, indulxencias e libros de visitas
5.2.13. Informes e memorias
5.2.14. Decretos, pedimentos e provisións
5.2.15. Cartas e oficios
5.2.16. Contas, cartas de pago, obrigas e presupostos
5.2.17. Árbores xenealóxicas, heráldica e informacións de sangue
5.2.18. Licenzas
5.2.19. Debuxos e planos
5.3. Manuscritos e orixinais doutros autores
5.4. Impresos
5.4.1. Xornais
5.4.2. Folletos, prospectos e follas voandeiras
5.4.2.1. Prospectos políticos, literarios e relixiosos
5.4.2.2. Autos, bandos, decretos e executorias
5.4.2.3. Informes
5.4.2.4. Cédulas reais, ordes reais e pragmáticas
5.4.2.5. Follas de servizo e relacións de mérito
5.4.2.6. Follas voandeiras con poesías
5.4.2.7. Prospectos publicitarios de publicacións impresas
5.4.2.8. Programas de actos culturais
5.4.2.9. Mapas
5.4.3. Recortes de prensa e de libros
5.4.4. Sobre a Real Academia Galega
5.4.5. Tarxetas postais
5.4.6. Láminas
7. Arquivos alleos
7.1. Familia Hermida Castro
7.1.1. Notas, recibos, doazóns e contas
7.1.2. Correspondencia
4. Área de condiciones de acceso y utilización
4.1 Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
4.3 Lengua/Escritura(s) de la documentación
Lengua:
Spanish; Castilian
4.4 Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Moi esvaída. Moi craquelada . Sinais de tacholas. Escrita no reverso.Existe copia máis moderna, e non é unha albúmina.
5. Área de documentación asociada
5.2 Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
Información adicional de la copia:
M-5-15
M-4-34
CD-31
DV-D-90
S-7-83
DV-D-109
5.4 Nota de publicaciones
Publicaciones:
(2) BRAG. T. X. nº 110, 1º de Outubro de 1916. (1) BRAG. T. XI, nº 125, 1º de Xuño de 1918.
Bibliografía:
INSTANTES dunha vida. Concello de Arteixo, 2000 DURAN, J. A. A loita pola vida 1833-1923. Conflictos e tenruras de Manuel Murguía. RAG, 1999. Manuel Murguía unha fotobiografía. Xerais, 2000
Exposiciones:
« »Instantes dunha vida: [Exposición dedicada á figura de Manuel Murguía],
A Coruña, Concello de Arteixo, maio do 2000. Comisarios: Patricia Penélope
Fernández Martínez e María Fernández-Cabrera Massé.
« »UN XEITO DE SOÑAR GALICIA. NAZÓN DE BREOGÁN. Sala de exposicións da Fundación
Caixa Galicia. Santiago de Compostela. 28 de xuño ao 10 de setembro de 2006.
[Hai catálogo editado].
6. Área de notas
Nota general
Para a datación das fotografías, naqueles casos correpondentes a obras de fotógrafos galegos, empregouse o Banco de Documentación de Fotógrafos de Galicia "Almacéns do tempo", obra de Xosé Vijande: http://www.almacensdotempo.com/ (data de última consulta, 09/03/2010]
7. Área de control de la descripción
7.1 Nota del archivero
Descrición do fondo / Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)
7.2 Reglas o normas
Reglas o normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000