Os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos son uns fondos que funcionan de modo conxunto a fin de apoiar a cohesión económica, social e territorial e alcanzar os obxectivos da Estratexia Europa 2020 da Unión Europea (UE) para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.

No ámbito deste portal, recibíronse axudas cofinanciadas cos seguintes fondos:

 

FEDER 2014-2020   POCTEC 2014-2020   POCTEP 2017-2013
P.O. FEDER Galicia 2014-2020   EP – INTERREG V A España Portugal 2014-2020   PROGRAMA POCTEP 2007-2013

 

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (PO Feder Galicia 2014-2020)

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Datos de identificación do proxecto

Título: Memoria Dixital de Galicia

Eixo prioritario: 3. Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais

Obxectivo temático: 02 - Mellorar o uso e calidade das TIC e o acceso a estas, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Prioridade de investimento: 02.03 - Reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónical

Obxectivo específico: 02.03.01 – Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saude

Categorías de intervención: 094. Protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e o patrimonio públicos

Estado de progreso do proxecto: En execución

Promover a construción da Memoria Dixital de Galicia como un proxecto colectivo de preservación, valorización e difusión do patrimonio cultural de Galicia. O proxecto de Memoria Dixital de Galicia pon en marcha a recolección dos fondos culturais do Arquivo Dixital de Galicia e da Biblioteca Dixital de Galicia desde Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para a súa difusión desde este punto común de acceso. A Memoria Dixital de Galicia implica un achegamento ao patrimonio cultural e ao eido da dinamización da cultura, aproveitando a potencialidade das TIC e os novos usos e costumes dunha sociedade dixital.

Un dos eixos fundamentais do proxecto da Memoria Dixital de Galicia será achegar unha liña de financiamento que permita ás institucións da memoria levar adiante proxectos de dixitalización para transformar os seus fondos patrimoniais en recursos dixitais accesibles. Será imprescindible que os obxectos dixitais resultado deses proxectos sexan conforme as normas e estándares nacionais e internacionais que se definan nas presentes bases reguladoras.


 
Acción: 57 – Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo
Obxectivo: Aproveitamento das tecnoloxías da información para promover a descrición, conservación e preservación dixital (no seu caso), normalización, estandarización, e difusión dos elementos que compoñen o patrimonio cultural de Galicia, ou de interese para Galicia. Inclúense neste ámbito bens mobles, inmobles, fondos de arquivos, bibliotecas e museos, e todos aqueles elementos que compoñen o patrimonio cultura. 
Descrición das operacións: Accións para a dixitalización do patrimonio documental  
  1. Servizo de creación de recursos dixitais custodiados nos arquivos históricos da Xunta de Galicia para a incorporación a Galiciana (expediente 2017/PA/0065)
  2. Servizo de creación de recursos dixitais a partir das coleccións de prensa histórica custodiadas nas bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia para incrementar a colección de Galiciana, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (Expediente 2017/PA/0070)

Axudas para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultura e modernización tecnolóxica do turismo - Dixitalización do patrimonio cultural

  1. Subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural galego e a súa preservación e difusión no recolector de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para o período 2018-2019 (PR606A)
  2. Subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural galego e a súa preservación e difusión no recolector de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para o período 2020-2021 (PR606A)


Resultado esperado: A difusión dos recursos dixitais a través de Galiciana, sistema de difusión e recolección do Patrimonio Dixital de Galicia, que cumpre coas últimas directrices e estándares nacionais e internacionais para acadar así a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día.

 

Programa operativo EP- INTERREG V A España Portugal (POCTEP 2014-2020)


Programa operativo EP- INTERREG V A España Portugal (POCTEP 2014-2020)

Datos de identificación do proxecto

Código do proxecto: 0358_ GEOAPARD_1_E

Título: Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: valoración e innovación

Convocatoria: Primeira

Área de cooperación: Galicia/Norte de Portugal

Eixo prioritario: 3. Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais

Obxectivo temático: 6. Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos

Prioridade de investimento: 6. C: Protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural

Obxectivo específico: 6. C. Protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural como soporte de base económica da rexión transfronteiriza

Categorías de intervención: 094. Protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e o patrimonio públicos

Estado de progreso do proxecto: En execución


Portal do proxecto:

https://www.geoarpad.eu/gl

Unión Europea

O proxecto  Geoarpad, enmarcado na 1.ª convocatoria do programa operativo  EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP), articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia-Norte de Portugal no marco do obxectivo específico de Protección e valorización do patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza, e da protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e patrimonio públicos.

O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como elemento de desenvolvemento transfronteirizo, mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico, e impulsando a participación social en todo o proceso.

 

Actividades: 3. Patrimonio documental da Eurorrexión: dixitalización e difusión
Acción: 3.2. Dixitalización de patrimonio documental rexional transfronteirizo, carga nos arquivos patrimoniais dixitais dos socios participantes, para a súa posterior recolección e difusión conxunta como arquivo patrimonial da Eurorrexión
Obxectivo: Reforzar a dixitalización do patrimonio documental colectivo transfronteirizo e a súa dispoñibilidade en repositorios on line autonómicos, nacionais e europeos (como é o caso das redes Galiciana, Hispana e Europeana) en formatos estables, fidedignos e permanentes, evitando riscos de perda e promovendo a difusión do patrimonio cultural de Galicia e Norte de Portugal a nivel internacional 
Descrición das operacións: Accións para a dixitalización do patrimonio documental  
  1. Dixitalización e asignación de metadatos do fondo documental “Xuntas e deputacións” custodiado no Arquivo do Reino de Galicia. 
  2. Dixitalización dos libros “Persoal de leigos” do Catastro de Ensenada, custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Importe: 
  3. Dixitalización e asignación de metadatos dos Libros Persoal de Leigos do Catastro do Marqués de la Ensenada, custodiados no Arquivo do Reino de Galicia na Coruña. 
  4. Dixitalización e asignación de metadatos de documentación medieval como pergameos e Libros Persoal de Leigos do Catastro do Marqués de la Ensenada, custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. 
  5. Dixitalización e asignación de metadatos das Libretas de campo do Catastro de urbana do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
  6. Asignación de metadatos descritivos e subida de imaxes á aplicación do Arquivo Dixital de Galicia
  7. Dixitalización de fondos documentais custodiados nos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia para a súa posterior recolección e difusión conxunta como Arquivo Patrimonial da Eurorrexión. 


Resultado esperado: A universalización do patrimonio cultural de Galicia a través do impulso de accións que contribúan á súa recolección, preservación e valorización, así como garantir o seu acceso a través de calquera soporte e en calquera momento e lugar, e a implicar á sociedade na súa protección e difusión.

 

Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP 2007-2013)


Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013

Datos de identificación do proxecto

Código do proxecto: 0607_ARPAD_1_E

Título: Archivo Digital, conservación del patrimonio documental y eliminación de papel en las relaciones administrativas

Convocatoria: Tercera

Área de cooperación: Galicia/Norte de Portugal

Eixo prioritario: 3. Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais

Obxectivo temático: 6. Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos

Prioridade de investimento: 6. C: Protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural

Obxectivo específico: 6. C. Protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural como soporte de base económica da rexión transfronteiriza

Categorías de intervención: 094. Protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e o patrimonio públicos

Estado de progreso do proxecto: Finalizado


Portal do proxecto:

ARPAD

ARPAD

O proxecto  ARPAD, é unha iniciativa de cooperación interadministrativa que permitirá reducir o uso do papel na actividade das AAPP traballando en dúas vías: a xestión documental electrónica coa creación do Arquivo Dixital de Galicia e o desenvolvemento de servizos dixitais administrativos e de interoperabilidade.

O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como elemento de desenvolvemento transfronteirizo, mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico, e impulsando a participación social en todo o proceso.

 

Actividades: 3. Patrimonio documental da Eurorrexión: dixitalización e difusión
Acción: EIXO 4. Conservación e promoción do patrimonio documental
Obxectivo: Extensión do arquivo dixital cara á conservación do patrimonio histórico, e accións de difusión do patrimonio documental da Eurorrexión.
Descrición das operacións: Desenvolver o Arquivo Dixital de Galicia  
  1. Servizo de elaboración do modelo de referencia do arquivo dixital integrado da Administración Pública (Expte.: 08/2014)
  2. Servizo de deseño, desenvolvemento e implantación do arquivo electrónico do patrimonio de Galicia (Expte. 100/2014)
  3. Servizo de dixitalización de fondos documentais con valor histórico para a súa integración no Arquivo Dixital integrado na Comunidade Autónoma de Galicia
  4. Servizo de acción de difusión do proxecto ARPAD (expte.: 16/2015) 


Resultado esperado: Posta en valor do Patrimonio documental conxunto por medio da dixitalización de arquivos históricos..