Justin Marie Charles Alberty Jeanneret naceu en 1885 en Besançon (Francia). Traballou en Burdeos como fabricante e comerciante de papel fotográfico. En 1918 estableceuse en Madrid, onde fundou a empresa Casa Charles Alberty y Compañía, Sociedad Limitada, dedicada á distribución de produtos fotográficos, á copia e reprodución de planos e debuxos e á fotografía, e que aparece con distintos nomes comerciais: El Papel Fotográfico Industrial, Fotogen, Loty.
A mediados dos anos 20, Charles Alberty e a súa esposa, Concepción López, representante e editora, crean un banco de imaxes de España, Portugal, Arxentina, Italia, Brasil e Norte de África denominado Archivo Fotográfico Universal S.A. (Afusa), destinado a axencias de prensa, publicacións e empresas de turismo que tivo importantes clientes e cuxos traballos recibiron premios en concursos nacionais e internacionais.
O fotógrafo portugués António Pedro Carreta Passaporte (1901-1983) traballou para a firma Loty entre 1926 e 1936, tomando fotografías de monumentos e paisaxes, principalmente para a súa comercialización en tarxetas postais.
Nesta etapa, a marca coa que se rubrica toda a obra fotográfica e o resto da actividade da empresa é Loty, que se compón da primeira sílaba do apelido de Concha López e da última do apelido de Charles Alberty.
En 1936, ao iniciarse a Guerra Civil, pecha a empresa e Alberty e a súa esposa volven a Francia. Trala guerra, Passaporte vende as postais da extinta Casa Loty á editorial zaragozana Arribas e volve a Lisboa, onde se dedica á edición e venda de postais ata a o seu falecemento.
Historia archivística
Unhas 12000 placas de vidro de 100 x 150 mm, xunto coas súas copias positivadas dispostas en álbumes-mostrario, quedaron no piso da rúa de Silva nº 39, en Madrid, cando Alberty, López e Passaporte abandonaron España. A mediados dos anos 90, a fotógrafa zamorana Yolanda Paramio foi encargada polo propietario do piso de organizar o material fotográfico e de vendelo en lotes.
A empresa ALESOL, S.A. vende, entre 1998 e 1999, á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia as placas correspondentes a Galicia e esta deposítaas no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. No ano 2002, o Ministerio de Cultura merca o que aínda estaba sen vender do fondo.
Alcance y contenido
Son 124 fotografías da provincia de Lugo, con imaxes de Lugo e Monforte de Lemos; 423 da provincia da Coruña, con imaxes da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Betanzos, Pontedeume, Carballo, Padrón, Iria Flavia e Herbon; 131 da provincia de Ourense, con imaxes de Ourense e Ribadavia; e 376 de Pontevedra, con imaxes de Pontevedra, Vigo, Lourizán, Lérez, Marín, Tui, Baiona, Poio, Redondela e Mondariz. En canto á súa temática, trátase de fotografías de excelente calidade de vistas urbanas, monumentos, paisaxes e tipos populares destinadas á súa comercialización como tarxetas postais. Consérvanse os negativos e as copias positivadas na época e colocadas en álbumes.
Na ficha na que se describe cada postal pode consultarse a copia dixital, tanto do seu negativo, como do seu positivo que se atopa no correspondente álbum.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Normalmente a consulta das placas de vidro faise a través da súa copia dixital.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A partir da copia dixital.
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Vidro
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas:
Outros fragmentos do fondo atópanse no Instituto do Patrimonio Cultural de España (7255 negativos), no Museo de Artes e Costumes Populares de Sevilla (2348 negativos. A parte correspondente a Andalucía e norte de África), no Instituto Leonés de Cultura (229 negativos. A parte correspondente á provincia de León), etc.