A creación da Delegación Nacional de Excombatientes debemos situala no período de desmobilización do exército franquista, o que a levou a converterse nunha organización de veteranos do réxime. Este organismo tentaría devolver aos soldados desmovilizados aos seus antigos ou novos postos de traballo a través dun importante labor burocrático desenvolvido por comisións provinciais presididas polas autoridades militares e locais xunto a representantes de Falange. Para iso o 14 de outubro de 1937 (BOE nº 361, 16 de outubro de 1937), por Orde da Presidencia da Junta Técnica del Estado, créase o Servicio de Reincorporación al Trabajo co obxecto de ordenar a vida económica e social da nación e dos cidadáns.
Este organismo será regulado polo Decreto do 14 de outubro de 1938 (BOE nº 116, 24 de outubro de 1938). En agosto de 1939 ordénase a creación da Delegación Nacional de excombatientes, cuxa misión primordial será a incorporación da mocidade combatente a un traballo, quedando baixo as ordes inmediatas da Secretaría General de Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS). A partir do Decreto do 20 de xullo de 1957 (BOE nº 192, 27 de xullo de 1957) a Secretaría General del Movimiento sofre importantes modificacións que deron lugar a que a Delegación Nacional de Excombatientes se integrase na Delegación Nacional de Asociaciones, a cal desaparecerá polo Decreto 15/1970 do 5 de xaneiro (BOE, 6 de xaneiro de 1970) pasando a incorporarse á Delegación Nacional de Acción Política y Participación.
Os dous obxectivos básicos da Delegación Nacional de Excombatientes, e das súas distintas delegacións provinciais, son: a necesidade de recolocar nun posto de traballo a aquelas persoas que serviron no exército, facilitándolle o acceso a determinados empregos ou concedéndolle unha pensión; e contribuir ao seu adoutrinamento político.
Historia archivística
O fondo foi transferido en maio de 1978, xunto cos outros fondos do Movemento Nacional, ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense dende a Dirección Provincial do Ministerio de Cultura de Ourense.
Alcance y contenido
Na súa maioría están formados por copias de orixinais que certifican a condición de excombatente do interesado e que alegan méritos (certificados, informes de diversos organismos como a Comandancia Militar ou xefaturas locais do Movemento …). En ocasións, tamén se acompañan dalgunhas cédulas persoais, cartillas militares, fotos tamaño carné ...
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de patrimonio histórico español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeita á norma vixente, Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Só se limita a reprodución da documentación que se atopa en mal estado de conservación ou non poida ser obxecto de consulta segundo as súas normativas de acceso.