Segundo a Lei do Notariado de 1862, “O notario é o funcionario público autorizado para dar fe, conforme ás leis, dos contratos e demais actos extraxudiciais.”
As orixes do notariado remóntanse a Roma, onde a función notarial estaba dispersa entre varios oficiais públicos e privados.
Nos primeiros séculos da Idade Media predominan as probas orais; pero no século XIII, coa recepción do dereito romano e o influxo da Universidade de Bolonia, que irradiou literatura notarial e profesionais formados, regulaméntase minuciosamente o documento escrito e o scriptor ten facultade autentificadora, polo que o documento xa ten carácter de instrumento público.
En 1503, a Pragmática de Alcalá aproba as ordenanzas dos escribanos públicos, que regularán o oficio notarial durante toda a Idade Moderna e establecen como deben facerse os protocolos notariais ata a actualidade. Os escribanos podían ser de varios tipos segundo que foran nomeados polo rei, por un concello ou por un señor, segundo que estivesen facultados para actuar nun lugar concreto, nunha institución concreta ou en calquera punto do reino.
Na Idade Contemporánea sepárase a fe pública xudicial e a extraxudicial, encargando a primeira aos secretarios dos xulgados e a segunda aos notarios. A Lei do Notariado de 1862 establece que haberá un só tipo de notarios, crea os distritos notariais, afirma que os protocolos pertencen ao Estado.
Case a totalidade da documentación que transfiren as notarías son protocolos. A Lei do Notariado define protocolo notarial como “a colección ordenada das escrituras matrices autorizadas durante un ano”.
Historia arquivística
A primeira transferencia de documentación notarial do distrito de Mondoñedo ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo data de 1994. Entre ese ano e 2004 chegan ao AHP de Lugo todos os protocolos anteriores a 1904. A partir dese momento, transfírense anualmente os protocolos que acaban de cumprir 100 anos.
Alcance e contido
Os protocolos notariais transfírense ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo unha vez que cumpriron 100 anos. As datas máis recientes explícanse polo feito de que tamén foron enviados libros indicadores e outra documentación notarial.
Aínda que o distrito notarial de Mondoñedo abrangue actualmente, amais do territorio do seu partido xudicial, o correspondente a Viveiro, este arquivo separa o territorio do partido xudicial de Viveiro por motivos prácticos. Ribadeo tamén se considera separado por motivos prácticos, aínda que pertence ao distrito notarial de Mondoñedo.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Libre, agás as cautelas relativas ao estado de conservación.
Lingua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: A documentación posterior atópase no Arquivo do Distrito Notarial de Mondoñedo
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia