Traslado do acordo da Xunta do arbitrio do viño a Don Juan de Langara, para costear deste fondo o desmonte da Praza de Dolores, e a compra dun terreo nesa Praza para construir a Casa Consistorial
Data de creación
1797-04-01 / 1797-04-01. 1797, abril, 1
Data de acumulación
1797-03-31 / 1797-04-01. 1797, marzo, 31 a 1797, abril, 1
A Facenda local encárgase de desenrrolar as actividades económicas locais; é dicir, xestionar os ingresos e gastos locais coa intención de satisfacer as necesidades do municipio.
Desde o século XII ao XVIII os ingresos municipais estiveron formados polos bens de propios ou patrimoniais (tendas, mercados, censos, devesas, muíños, etc.) bens comunais(montes, caza, pesca, etc) e tamén por arbitrios propios que xeralmente gravaban o consumo.
O Mordomo encargábase da fiscalización dos ingresos e gastos, asumía a xestión e recadación de ingresos e actuaba comodepsitario e custodio do recadado. No século XIV aparecéu a figura do Contador, a sua función era censurar as contas que rendía periódicamente o Mordomo. En 1761 ese labor fiscalizador pasóu a desenrolalo a Xunta de Propios e Arbitrios, formada por alcaldes, rexedores, procurador síndico e no caso de Ferrol polo gobernador político-militar. Esta Xunta tamén se encargóu de presentar diante da Contaduría Xeral as contas xerada s pola administración dos propios e arbitrios municipais.
A Facenda local dos séculos XIX e XX caracterizóuse polo intento de xuntar e suprimir a gran cantidade de arbitrios que existían e por que os concellos adquiriran autonomía financieira. A principios do século XIX o sistema impositivo nacional buscaba a creación dunha única contribución ou contribución directa, e como consecuencia disto suprimíronse as rendas provinciais como: alcabalas, centos, millóns, servizos ordinarios e extraordinarios...aínda que apareceron novas cargas tribut arias.
As facendas locais coa desamortización dos bens de propios de Madoz (1855) sufriron un importante cambio xa que pasaron de ser fundamentalmente patrimonial istas a ser eminentemente fiscais. Durante a segunda metade do século XIX e primeira metade do século XX, os ingresos municipais nútrense de diferentes impostos como: pesos e medidas, consumos, carruaxes de luxo, expedición de documentos, bebidas espirituosas, amillaramientos, solares sen edificar, incremento do valor dos terreos, etc. e da perticipación nos impostos cedidos total ou parcial mente polo Estado.
Finalmente a Constitución de 1978, que proclama o principio de suficiencia financieira das entidades locais, e a reforma das facendas locais promovida pola Lei 39/88, serviron para a reordenación do réxime presupostario dos entes locais e do sistema de recursos, suprimíronse moitos dos impostos recadados con anterioridade e os ingresos quedaron configurados principalmente polo cobro do imposto de bens inmobles (IBI), o imposto de actividades económica s (IAE) e o imposto de vehículos de tracción mecánica.
En canto aos oficios municpais destacar que durante as primeiras décadas do século XIX os encargados da xestión económica eran os depositarios, os secretarios e os alcaldes, sempre baixo a supervisión do Pleno. Na segunda metade do século XIX reaparecéu a figura do Contador, que tiña baixo o seu cargo a oficina de contas, os libros de contabilidade, preparaba os orzamentos e promovía os "libramientos". As competencias do contador foron evolucionando, durante o século XX cara ao que hoxe se coñece como interventor de fondos. Así mesmo, o Depositario que fora perdendo competencias a favor do contador, foise encargando da custodia de valores e de depósitos e do pago dos "libramientos", foi evolucionando cara o que se coñece como tesoureiro municipal. Outras institucións importantes foron a Xunta Percial e a Xunta Municipal de Asociados
Historia arquivística
Os fondos documentais do Concello de Ferrol foron conservados sempre no edificio da Casa Consistorial, alí onde estivo ubicada. O documento máis antigo do Arquivo é do ano 1376.Consérvase un inventario de mediados do século XIX. O descontrol e destrucción de documentación foi continua no século XX, sendo vendida, inclusive, unha parte do Arquivo de Serantes o 16 de abril de 1982. No ano 1989 créase a praza de arquiveiro municipal e no ano 1990 inaugúrase unha nova etapa, cando se inicia a súa organización. Ten en microfilm algunhas series de documentación histórica. No ano 2002 foi aprobado o seu Regulamento en sesión plenaria de 25 de outubro. Ano a ano introdúcense no Arquivo algunhas melloras pero as instalacións en canto a depósitos documentais son insuficientes para albergar o aumento de volumen documental que produce o crecimento da xestión municipal.
Alcance e contido
Polo contido dos documentos pódese coñecer e estudar:
-Tódolos impost os estatais recadados a través do concello.
-Os bens de propios e comunais do municipio, a sua administración, conservación e enaxenación
-Polo presuposto municipal podemos coñecer os ingresos (de donde proveñen) e os gastos ( en que se invirte o diñeiro).
-Os veciños pecheros ou veciños que pagan á facenda municipal e á facenda estatal e os seus bens ou conceptos polos que tributan.
E en xeral, a evolución económica do municipio e dos seus veciño s.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Libre, agás naqueles casos nos que concorran as excepcións ou límites previstos na Constitución e nas leis.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
As limitacións na reproducción de documentos están encamiñadas á protección e conservación dos documentos. En aqueles de acceso restrinxido, ademáis de cumprir o requisito antedito, só poderán ser reproducidos polos interesados ou con o permiso destes.
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Arquivo do Reino de Galicia
Archivo General de Simancas.
Arquivo de protocolos notariais de A Coruña.
Arquivo Xeral militar de Madrid.
Arquivo Xeral militar de Segovia.
Arquivo Xeral militar de Guadalaja ra.
Arquivo Xeral militar de Avila.
Departamento de arquivo e estudos xeográficos do servizo xeográfico do exército(Madrid).
Arquivo do Museo naval (Madrid)
Arquivo xeral de Marina"Alvaro de Bazán" (Viso del Marqués- Ciudad Real).
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Archivo General de Simancas
Archivo Histórico Nacional
Archivo del Reino de Galicia
Arquivo Diocesano de Mondoñedo
Archivo General de Marina de Viso del Marqués (Ciudad Real)
Archivo Histórico Notarial de Protocolos de A Coruña
Arquivo parroquial de San Julian (Ferrol)
Arquivo Parroquial castrense de San Francisco Ferrol).
Archivo eclesiástico de Marina (Madrid)
Arquivos Militares
....