Ángel del Castillo López nace na Coruña o 24 de xaneiro de 1885 e morre na mesma cidade o 14 de marzo de 1961.
Historiador, cronista, conferenciante e autor de numerosos estudios sobre castros, igrexas e outros monumentos. Autodidacta e estudioso durante toda a súa vida alternou os estudos con o ensino particular. Obtivo os titulos de profesor mercantil e mestre, e por último aos 40 anos, a licenciatura en Filosofía e Letras -con premio extraordinario- na Universidade de Santiago de Compostela.. Como docente exerce primeiro na Academia Politécnica, no colexio "Dequidt" e no Instituto da Coruña e máis tarde na Escola Superior de Comercio e na Universidade de Santiago de Compostela.
Desempeñou os seguintes cargos todos na Coruña: Arquiveiro municipal (1930), Xefe da Sección de Cultura do Concello (1931), Apoderado da Comisaría de Zona do Servicio de Defensa do Patrimonio Artístico (1938), Vogal do Padroado Provincial de Bibliotecas e Museos (1939), Cronista Oficial da cidade da Coruña(1946) e da provincia.
Foi nomeado membro da Real academia Galega a os 19 anos, primeiro como adxunto (1905), logo como correspondente (1908) e finalmente ingresou como numerario en 1927 co discurso "La arquitectura cristiana prerománica en Galicia".
Foi tamén numerario da Real Academia de Belas Artes da Coruña (1921) e presidente da mesma dende o ano1955, do Seminario de Estudos Galegos (1924).
Militante no republicanismo chegou ser gobernador civil de Pontevedra entre 1932 e 1934.
Fundador, xunto con Fernando Martínez Morás, da Universidade Popular da Coruña que tiña por obxecto a instrución das masas populares desprovistas de medios.
Do seu labor destaca a súa defensa do patrimonio artístico galego, ao que dedicou boa parte das súas investigacións e traballos eruditos.
Historia arquivística
Na compra de documentación, feita a Jesús Lorenzo Penela do 16 de outubro de 2007, xunto a papeis de Ángel del Castillo, mercouse documentación procedente de Raimundo Molina. A documentación estaba mesturada, de modo que cando se iniciou a súa instalación e catalogación non se puido discriminar con total seguridade os diferentes grupos; ademais de cartas e notas de del Castillo había unha serie de tarxetas de visita. Entre estas, varias estaban dirixidas ao propio Ángel del Castillo, outras a Raimundo Molina, Víctor Pardo, Darío Roca e Isidoro Brocos, e, finalmente, outras non tiñan o nome do destinatario. Así pois decidiuse conservar todo o material xunto. Todas estas tarxetas de visita están agrupadas na serie "Tarxetas", dentro das sección "Persoal".
Alcance e contido
Plano enteiro de grupo de cinco homes ao pé das ruínas da torre dun castelo (Castelo de Sobroso?). Un deles, no centro, sinala co seu caxato cara a un punto determinado.
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
Perda de emulsión en áreas, con restos de suciedade adheridas ás mesmas. Decoloración da emulsión e manchas de cor parda no reverso.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: No fondo de Manuel Casás gárdanse varios documentos pertencentes a Ángel del Castillo.
Na Fundación Barrié hai u fondo A. del Castillo