Xosé Manuel Casabella López naceu en Ferreira do Valadouro (Lugo), o 13 de maio de 1941. Estudou arquitectura na Escola Técnica Superior de Barcelona e obtivo o título na especialidade de Urbanismo en 1967. Residíu e exerceu a sua profesión en Cataluña durante quince anos, colaborando nos estudios de Harnden-Bombelli, Bofill, Bonet Correa e Bonell Costa.
En 1971 é contratado pola Escola técnica Superior de Arquitectura de Barcelona como profesor da asignatura de Proxectos arquitectónicos da Cátedra de Oriol Bohigas.
Participa cos mais importantes profesionais de Galicia na xestación da Escola Técnica de Arquitectura da Coruña, e en 1975 trasladou a súa residencia a Galicia para facerse cargo, como docente, da Área de Coñecemento de Proxectos Arquitectónicos (Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo). Posteriormente foi subdirector da Escola durante o período 1996-1999 e director desde o 2005.
En 1987 acada o título de doutor coa sua tese “Arquitectura e cidade: A Coruña 1700-1868”.
Ademais de dirixir numerosos cursos de doutorado na Escola de Arquitectura, organizar e participar en multitude de exposicións, conferencias, seminarios, simposiums e mesas redondas é membro de Comisións técnicas urbanísticas.
Desde o seu estudio de arquitectura realiza un intenso labor profesional con destacados proxectos, tanto en obras realizadas para particulares como para a administración pública, polos que obtén numerosos premios e distincións. Por mencionar só uns poucos:1º Premio da COAG pola remodelación do Kiosko Alfonso (1988), Concurso Nacional de Arquitectura (1971), Concurso Nacional de Arquitectura Illa da Toxa (1972), 1º premio no concurso para o centro de saúde de Lavadores-Cabral (Vigo) (1985), 1º premio no concurso dun centro de ensino en Barbadás (Ourense) ou o mais recente 1º premio no concurso restrinxido de anteproxectos para a construción da nova cidade deportiva de Alcorcón (2007).
Historia arquivística
O fondo formóuse como consecuencia da actividade profesional de X.M. Casabella. O seu ingreso veu acompañado dunha relación cronolóxica dos proxectos na que constaban os seguintes datos: Ano,mes-Proxecto e/ou Obra- Promotor e/ou propietario-nº de expediente.
Alcance e contido
Contén ademais memoria (4 follas A4)
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A maior parte dos documentos son de libre acceso. Só se restrinxe o acceso naqueles documentos que están afectados polos supostos legais establecidos no artigo 105-b da Constitución (averiguación dos delitos, intimidade das persoas e seguridade do Estado). Por iso, nalgunhas series esta limitación se establece en 1965 e noutras en 1900.
Tamén, de xeito excepcional, en determinadas unidades de instalación pode restrinxirse o acceso segundo o estado de conservación dos documentos.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Está suxeita ás taxas e prezos públicos fixados o 14 de setembro de 1995 polo Concello na sua Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
A documentación atópase en perfecto estado de conservación.
Os planos instaláronse en carpetas especiais para a sua mellor conservacion.
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Son planos orixinais
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Existen copias Información adicional da copia: Existen copias:
-nos Concellos nos que se presentaron as solicitudes de licenza de obras particulares
-nos arquivos daquelas administracións públicas que contrataron proxectos do arquitecto
-os colexios de arquitectos respectivos.
-os estudios dos arquitectos que comparte proxectos.
- os promotores particulares conservan unha copia do proxecto
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Os plans xerais e parciais que afectan aos proxectos tanto particulares coma privados. E, no caso dos proxectos públicos, ademais, toda a documentación administrativa relacionada coa contratación do proxecto.
Notas
Nota xeral
Este fondo complementa os fondos arquitectónicos e urbanísticos custodiados no arquivo (arquivos de: Pedro Mariño, Tenreiro Rodríguez e Tenreiro Brochón)