Andrés Martínez Salazar (1846-1923), natural de Astorga, chega á Coruña des tinado ao Arquivo do Reino de Galicia. Desde entón residirá na Coruña até a súa morte.
Casa con Petra Morás Suevos o 23 de maio de 1874. Terán 19 fillos, aínda que só 14 chegarán a vivir xuntos; Juan (1874-1948), José (1876-?), Antonio (1877-?), Manuel (1881-1934), Eduardo (1882-1972), Isabel (1884-1904), Fernando (1885-1937), Pilar (1886-1961), Carmen (1888-1952), Dolores (1890-?), Luís (1891-?), Carlos (1894-?), Marcelino (1895-1963) e Elena (1897-?).
Da terceira xeración destaca o escritor Carlos Martínez Barbeito, fillo de Juan e da pedagoga coruñesa María Barbeito Cerviño.
Historia arquivística
Despois da morte de Marcelino Martínez Morás, o seu fillo, Andrés Martínez- Morás Soria, faise cargo do arquivo paterno no que, ademais da súa propia documentació n se atópan papeis do seu avó Andrés Martínez Salazar. Andrés Martínez-Morás ordena a documentación que o tempo desorganizara. Para facelo reunirá os documen tos en diversos expedientes (que posteriormente irá aumentando coa recollida de nova documentación) que agrupará en series seguindo unha clasificación xeral en:
- Correspondencia e documentación de persoeiros do ámbito galego.
- Documentación persoal e de función de Andrés Martínez Salazar.
- Coleccións de documentos e impresos.
- Documentación doutros membros da familia.
Ao instalar e describir o fondo no arquivo da Real Academia respectouse a integridade dos expedientes, e se ben se estableceron novas series , respectouse a estrutura básica que xa tiña dotóuselle dun cadro de clasificación .
Por motivos de conservación foron retirados dos expedientes fotografías, revistas, folletos e documentos de gran formato.
Alcance e contido
Comité organizador e de propaganda da 1ª Asemblea anual das Xornadas Médicas Galegas, na sesión de clausura, posando no Pazo do Concello da Coruña. De pé, de esquerda a dereita: Andrés Martínez Morás, Julio López Lacarrere, M. Villar Iglesias, J. Regueiro López, S. Carro García e E. Lopez Lacarrere. Sentados, de esquerda a dereita: J. González Campo, R. Nóvoa Santos, J. Goyanes Capdevila, J. López Elizagaray, A. Rodríguez Cadarso e R. Martínez Uzal.
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lingua:
Galician
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Restos de cola adhesiva no reverso. Rota no lado esq. Sinatura anterior C 346/2.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: L-4-79
DV-D-109
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Ver fondos persoais:
- Andrés Martínez Salazar
- Fernando Martí nez Morás No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse os seguintes fondos relacionados:
- Andrés Martínez Salazar
- María Barbeito Cerviño
- Carlos Martínez Barbeito
No Arquivo Municipal da Coruña atópase tamén documentación de Andrés Martínez Salazar.
Notas
Nota xeral
Segundo álbum. Páx. 44. Retirada do álbum, por estar solta, quedan fotocopias pre-existentes no mesmo. Na prensa esta foto ten a autoría de Cancelo, pero sobre ela está gravado Sellier Pardo Reguero.