Esta arquitecta conta con proxectos anteriores realizados xunto con outros arquitectos
Historia arquivística
Esta documentación foi ingresada no Arquivo directamente pola súa entidade produtora.
Alcance e contido
Conxunto de documentos que reflicten o procedemento polo que o Colexio exerce o seu control, o visado, sobre os traballos profesionais dos arquitectos colexiados.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A consulta dos expedientes de menos de 40 anos debe contar con autorización de acceso. Deberá solicitarse sempre autorización expresa ao Colexio Oficial de Arquitectos ou ao arquitecto autor do proxecto.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Para a reprodución dos documentos, ademais do límite marcado polo seu estado de conservación, os usuarios deberán contar sempre coa autorización previa do Colexio Oficial de Arquitectos. Non obstante, aqueles usuarios que acrediten interese lexítimo de acordo coa normativa no acceso aos documentos (propietarios, arquitecto autor do expediente, persoa autorizada polo propietario do inmoble...) estarán exentos de presentar a autorización previa.
En calquera caso, os expedientes de entidades bancarias e edificios públicos (hospitais, edificios administrativos...) serán sempre de acceso restrinxido. A súa consulta e/ou copia deberá ser sempre xustificada .
A reprodución estará ademais suxeita ao pagamento dos prezos públicos e ás condicións que sinala a normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
A documentación atópase en soporte de papel. O tamaño varía duns documentos a outros. Xeralmente os planos atópanse pregados tamaño folio.
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais:
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Dentro do propio ARG existen distintos fondos que poden ter relación co COAG da Coruña. Á parte disto, no fondo do Goberno Civil da Coruña existen series directamente relacionadas, tales como: Expedientes de demolicións de obras; Expedientes de autorización de construción, apertura e funcionamento de locais de espectáculos públicos, os relativos ás aperturas e peches de establecementos; Planos provinciais de obras e servizos, etc. Tamén están relacionados os fondos da Comisaría do Patrimonio Artístico e Monumental da Zona Noroeste, onde se atopan expedientes dos monumentos arquitectónicos incluídos no patrimonio histórico; e o do Sanatorio Marítimo Nacional de Oza, onde hai unha serie denominada Obras con numerosos expedientes relativos á construción do sanatorio. Xa fóra do propio ARG, parece lóxico que nos arquivos municipais existan series complementarias ás do COAG, por exemplo, na sección de Obras e Urbanismo. Por outra banda, en todos os organismos públicos con competencias para executar investimentos de obras custódianse documentos de carácter arquitectónico. Gran parte destas fontes atópanse depositadas no AGA, procedentes de ministerios con competencias específicas nesta materia. Así tamén, interesa a documentación dos órganos autonómicos que teñan estas competencias. Por último, temos que facer mención aquí á documentación dos distintos colexios oficiais de arquitectos de España e das súas delegacións.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia