Diego Xelmírez, bispo de Santiago de Compostela, doa ao mosteiro de San Paio de Antealtares os bens pertencentes á mesa capitular na terra de Posmarcos, ante a precariedade na que se atopa trala morte do seu protector o rei Alfonso VI
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
O privilexio contén o signo rodado do bispo de Santiago Diego Gelmírez
Condicións de acceso
Lingua:
Latin
Escritura:
Minúscula diplomática
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Pergameo
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
Presenta perdas de soporte na parte central que afectan ó texto. Leves manchas lilas pola acción dos fungos