BREVE EVOLUCIÓN As xuntas electorais foron instauradas por Real decreto de 20 de maio de 1834, unhas de partido que radicaban nos partidos xudiciais e, as provinciais presididas polos gobernadores civís. A sucesiva lexislación sobre a materia deron un papel preponderante ás diputacións provinciais e os concellos. O rrestablecemento do réxime democrático trala morte do Xeneral Franco, fixo necesario a aprobación de novas normas que regulamentaran á organización electoral. As xuntasa electorais provinciais nacen co Real decreto 20/1977, do 18 de marzo de normas electorais. Aínda que xa na Lei de 28 de de decembro do 1907, aparece unha figura que se pode considerar o seu antecedente: as xuntas do censo electoral, que podían se centrais, provinciais e municipais. Estas xuntas tiñan unhas funcións moi semellantes ás actuais como a inspección de servicios do censo, resolver queixas e consultas, comunicarse, por medio do seu presidente, coas autoridades e oficiais públicos, xurisdicción disciplinaria, proclamación de candidatos ou o escrutinio. NORMATIVA O Real decreto 20 /1977 do 18 de marzo, a Lei 39 /1978 do 17 de setembro de Eleccións as corporacións locais, o Real decreto 1826/1981 de normas para as eleccións ó Parlamento de Galicia, a Lei orgánica 5/1985 do 9 de xuño do Réxime electoral xeral e a Lei 8/1985 do 13 de agosto, Lei electoral de Galicia e, as modificacións destas leis e normas de desenvolvemento , establecen que a organización electoral corresponde á Xunta Electoral Central, xuntas electorais provinciais e de zona. No caso de eleccións ó Parlamento de Galicia se establece a Xunta Electoral de Galicia, con funcións análogas á Central. CONSTITUCIÓN As xuntas electorais provinciais constitúiranse obrigatoriamente no parzo de oito días seguintes a publicación da Lei 20/1977. Entre a Lei 20/1977 e a 5/1985, as xuntas electoris provinciais cambian o seu carácter; así entre 1977-1985 teñen a consideración de órganos permanentes da administración electoral , aínda que os vocais da Central e provinciais cesarán na súa condición ó finalizar cada proceso electoral. A partir de 1985 a Central é un órgano permanente, pero o mandato das provinciais e de zona conclúe 100 días despois das eleccións. SEDE E COMPOSICIÓN As xuntas electorais provinciais teñen a súa sede nas capitais de provincia e celebran as súas sesións en locais propios ou, como é o máis habitual e así sucede coa da Coruña, na sede donde exercen os seus cargos os secretarios, e dicir, na Audiencia Territorial ou Provincial. O Presidente será o presidente da Audiencia e, o vicepresidente, se existe, será tamén un membro da Audiencia por orde de idade. Os vocais varían un pouco ó longo do tempo pero, con carácter xeral, son membros da xudicatura: maxistrados, avogados, notarios, profesores universitarios, etc. algúns deles nomeados polos partidos políticos. Exercerá o cargo de secretario o da Audiencia respectiva, e se houbese varios, o máis antigo. Terá voz pero non voto e a súa disposición ó persoal da xunta electoral ou o da Audiencia. Se este persoal non fose suficiente, a autoridade gobernativa (normalmente o Gobernador Civil) debe proporcionarlle máis persoal. A documentación estará baixo a custodia do secretario, nas oficinas onde exercen ós seus cargos. Os cargos de presidente e secretario son obrigatorios. Cando se constitúen o presidente debe publicar no BOP a relación de membros que a compoñen. Por outra banda indicar que a asistencia as sesións que celebren é obrigatoria e, os acordos adoptaranse por maioría de votos, sendo o do presidente de calidade. COMPETENCI AS As competencias, dentro dos límites da súa xurisdicción son, entre outros, as que seguen: - Dirixir e inspecciona-los servicios que se refiren ó censo - Resolver consultas e dictar instruccións - Resolver queixas, reclamacións e recursos - Comunicarse, por medio do seu presidente ou secretario, coas autoridades e funcionarios públicos - Exerce-la xurisdicción disciplinaria sobre as persoas que interveñen con carácter oficial no proceso - Escruta-lo voto dos residentes ausentes - O depósito da propaganda electoral - Escrutinio xeral, etc
Historia arquivística
A primeira transferencia foi realizada polo Goberno Civil da provincia da Coruña en novembro do ano 1994. Incluía a documentación de diferentes procesos electorais, referendos e censos desde o ano 1976 ata 1989.
O Goberno Civil realizou unha nova transferencia en marzo de 1997, con documentación das eleccións xerais e ao Parlamento de Galicia do ano 1993.
Nesa mesma data o Instituto Nacional de Estatística remitiu ao Arquivo a documentación de diferentes eleccións, referendos e censos desde o ano 1981 ata 1991.
Alcance e contido
Este fondo documental céntrase nun período cronolóxico que abrangue desde 1977 ata 1993, data da última tranferencia de documentación realizada. Trátase da documentación máis importante para o estudio da evolución dos comicios electorais celebrados na Provincia coruñesa desde a instauración do réxime democrático en España tralo réxime franquista. A documentación ofrece información de tódolos pasos que comprende un proceso electoral, desde a convocatoria dunhaas eleccións, coa conseguinte proclamación de candidaturas, establecemento de seccións, distritos e mesas, confección do material electoral: papeletas, sobres, furnas, etc; pasando pola campaña electoral coa comunicación de celebración de mítines, propaganda nos medios de comunicación, carteis e folletos; a celebración das elección propiamente ditas, coa conformación dos expedientes electorais do proceso, o escrutinio, o pagamento de axudas de custo…; ata finalmente os recursos que poden presentarse, a fisclaización económica dos partidos ou a proclamación de candidatos. O fondo ofrece información completa sobre as eleccións de carácter xeral, autonómico, europeas e os referendos, sendo menor para as locais xa que, por exemplo, carecemos dos sobres electorais coa documentación da votación das diferentes mesas que se conservan nas diferentes xuntas electorais de zona.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A documentación é de libre acceso para os cidadáns en xeral. Este dereito esta expresamente garantido pola Constitución Española de 1978 no seu artigo 105.b. A Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, no seu artigo 37.6 establece que, entre outros, rixiranse polas súas disposicións específicas os Arquivos regulados pola lexislación do réxime electoral. A Lei 5/1985 do Réxime electoral regula, no seu artigo 41. O acceso paro só no caso da documentación do censo. Para o caso concreto da documentación custodiada nos arquivos debemos acudir á Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, nos seus art. 57.a e 62 e o art. 82 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. O art. 37 da Lei 30/1992 e o 57.1 da Lei 16/1985 sinalas as regras que rixen as consultas. Determinadas series veranse afectadas no seu dereito de acceso no caso que o seu contido afecte a aspectos como a seguridade do Estado, a averiguación dos delitos o a intimidade das persoas.
Normativa:
Documentación pública de titularidade estatal xestionada pola Xunta de Galicia. Ó estar depositados no Arquivo do Reino de Galicia, os documentos adquiren a condición de Bens de Interés Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nesas normas.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Dereitos de Autor
Situación de Dereitos de Autor:
Os deseños que forman parte do fondo son obxecto de propiedade intelectual por parte dos seus autores cando se teña constancia deste dato (art. 1, 4, 14 do Real decreto legislativo 1/1996 de 12 de abril, aprobación do texto refundido de propiedade intelectual).
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
Trátase fundamentalmente de documentación textual
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Esta é a documentación orixinal
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: No fondo de Goberno Civil atopamos documentación directamente relacionada con este fondo xa que nos procesos electorais exerce determinadas competencias en canto a xestión de material, nomeamento dos representantes da administración, escrutino e comunicación de manifestacións e reunións. Documentación relacionada noutros arquivos: Dependendo da entidade de eleccións ( xerais ou europeas, autonómicas ou locais) a documentación relacionada atoparémola nos seguintes arquivos: O fondo documental da Xunta Electoral Central O fondo da Xunta Electoral de Galicia. Os fondos das xuntas electorais de zona dos diferentes concellos da provincia
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia