As obras pías son institucións creadas para fins benéficos ou obras relixiosas. Durante o Antigo Réxime as iniciativas que contaban con recursos económicos implicaban o establecemento dunha fundación, é dicir, a dotación dunha masa patrimonial para un fin que se pretendía que perdurase no tempo. A motivación da maior parte das fundacións é piadosa, xa que se entenden coma unha inversión na salvación da alma. Poden ir desde o encargo de misas e aniversarios pola alma do fundador e a súa familia, ata a construción de capelanías e obras pías: institucións benéfico-asistenciais ou educativas. A súa administración entrégase normalmente a entidades que aseguren a súa perdurabilidade, coma congregacións relixiosas, bispos e cabidos, etc. As obras pías aparecen na desde a Baixa Idade Media mostrando a capacidade da sociedade do Antigo Réxime para xerar mecanismos de redistribución económica que garantisen a estabilidade social. Segundo a tipoloxía podemos distinguir entre as de esmola a pobres, as de reparto de dotes a doncelas e orfas ou as benéfico-docentes. As obras de socorro a pobres e as de dotes a orfas coñecen o seu maior esplendor no século XVII. O proceso desamortizador de finais do século XVIII supuxo o primeiro grande embate contra estas institucións e a Desamortización de 1835 implicou a desaparición daquelas relacionadas coas comunidades regulares. A obra pía de Alonso Rodríguez de San Vicente e Beatriz de Morales fundouse a principios do século XVII para a asistencia de pobres e orfos.
Historia arquivística
Non se coñece a procedencia deste fondo.
Condicións de acceso
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia